Satoshi Furukawa, nado en Yokohama (Kanagawa) o 4 de abril de 1964, é un astronauta xaponés que formou parte da misión Soiuz TMA-02M e foi parte da Expedición 28 e a Expedición 29 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Furukawa ten un doutoramento en medicina pola Universidade de Tokyo en 1989 e outro en ciencias médicas en 2000 pola mesma universidade.
Foi seleccionado como astronauta en 2004, participando na misión Soiuz TMA-02M e formando parte das expedicións 28 e 29 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 167,26 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-02M Expedición 28 Expedición 29
Categoría:Astronautas do Xapón Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados na prefectura de Kanagawa