Charles Gordon Fullerton, nado en Rochester (Nova York) o 11 de outubro de 1936 e finado o 21 de agosto de 2013, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-3 e STS-51-F.
Traxectoria Fullerton graduouse e foi máster en enxeñería mecánica polo Instituto de Tecnoloxía de California en 1957 e 1958 respectivamente. Entrou na Forza Aérea en xullo de 1958 e foi parte do equipo de soporte para as misións Apollo 14, Apollo 15, Apollo 16 e Apollo 17. Foi piloto durante a misión STS-3 en 1982 e comandante da STS-51-F en 1985, pasando un total de 15,95 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-3 STS-51-F
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Finados en 2013