Alberto Martínez Tíscar, nado en Pontevedra cara a 1895 e finado en Bueu o 6 de setembro de 1936, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid.El Progreso, 26-9-1914, p. 2. Foi oficial da Deputación de Pontevedra e secretario da Xunta provincial de Beneficencia de Pontevedra. Foi elixido concelleiro monárquico de Pontevedra en 1931, evolucionou cara ao centrismo de Manuel Portela Valladares o que fixo aparecer rumores sobre a súa pertenza á masonería. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido a noite do 6 de setembro de 1936 na súa casa do Covelo (Samieira) por un grupo de gardas civís, falanxistas e cívicos, acusado de prestar axuda á esquerda nas eleccións de febreiro. Conducido a Pontevedra, foi introducido nunha camioneta con outros detidos; logo de ser torturados, foron paseados ás aforas de Bueu e fondeados no mar. O seu cadáver apareceu corenta días despois na beira do mar en P. do Muíño (Beluso). Ao día seguinte da súa desaparición, a familia obrigou os fillos a ir ao Instituto vestidos de falanxistas.
Anos despois un seu irmán falanxista denunciou os feitos, e abriuse unha causa na que eran acusados o comandante da Garda Civil Joaquín Velarde, o gobernador civil Ricardo Macarrón Piudo e o deputado de Renovación Española e xefe da Garda Cívica Víctor Lis Quibén; entre os participantes directos na detención e feitos posteriores, noméanse varios falanxistas de Lalín e Vilaboa, ademais dos cívicos pontevedreses Borrajo, Mirón “O Cheira”, José Estévez “O Raña” e Avelino Fraga “O Chalán”. A causa foi sobresida.
Vida persoal
Casou coa mestra Vicenta Hevia Marinas, irmá de Remigio Hevia Marinas, en 1919,El Progreso, 24-5-1919, p. 2. e foi pai de Vicente Martínez Hevia, que chegou a xeneral durante a ditadura franquista.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
LIgazóns externas
Focha en memoria da Coruña
Categoría:Avogados de Pontevedra Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid