Albert Serra, nado en Banyoles en 1975, é un artista e director de cinema independente catalán. Tras estudos de filoloxía e literatura comparada, comeza cunha produción audiovisual que gaña recoñecemento internacional coa súa segunda longametraxe Honor de cavalleria, presentada na Quincena dos Realizadores de Cannes no ano 2006. En 2013 recibe o Leopardo de Ouro en Locarno polo traballo en Història de la meva mort. No seu sétimo filme La mort de Louis XIV, foi convidado á Selección Oficial de Cannes en 2016. Liberté é a recreación cinematográfica da súa obra de teatro presentada en 2018 no salón principal do Berlin Volksbühne."Albert Serra"
Traxectoria Serra obtivo unha licenciatura en filoloxía hispánica e teoría da literatura comparada expedido pola Universidade de Barcelona. Traballa como guionista, director e produtor nas súas obras, na súa maioría centradas nos mitos e literatura europea. No ano 2001, Serra cofunda a produtora Andergraun Films. Honor de cavalleria foi seleccionada por Cahiers du Cinéma como un dos dez mellores filmes do ano 2007. En 2013, unha retrospectiva do seu traballo foi presentada no Centro Pompidou. Por La mort de Louis XIV, Serra recibiu o Prix Jean Vigo en 2016.
Filmografía Longametraxes Crespià, the film not the village (2003) Honor de cavalleria (2006) El cant dels ocells (2008) El senyor ha fet en mi meravelles (2011) Els tres porquets (2013) Història de la meva mort (2013) La mort de Louis XIV (2016) Roi Soleil (2018) Liberté (2019) I'm an artist (2020) Pacifiction (2022) Tardes de Soledad (2024)
Curtametraxes St. Pere de Rodes (2006) Bauçà (2006) Rússia (2007) L'Alto Arrigo (2008) Fiasco (2008) Lectura d'un poema (2010) Cuba libre (2013)
Series Els noms de Crist (2010)
Teatro Pulgasari (2010) Més enllà dels Alps(2011)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina de Albert Serra no CCCB
Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Nados en Banyoles Categoría:Nados en 1975 Categoría:Directores de cinema de Cataluña Categoría:Guionistas de España