Kenneth Max Copeland, nado en Lubbock, Texas, o 6 de decembro de 1936, é un teleevanxelista estadounidense e autor asociado co Movemento Carismático, predicador da teoloxía da prosperidade. Foi obxecto de varias controversias polo uso das doazóns recibidas para financiar mansións, jets privados, un aeroporto e outras adquisicións persoais.

No ano 2020, durante a pandemia de COVID-19, Copeland fíxose notable no ámbito nacional dos Estados Unidos polos seus comentarios e accións con respecto á pandemia. Afirmou repetidamente que a pandemia suporía a fin do mundo, que el podía curar os seus seguidores, e que estes deberían seguir pagándolle décimos aínda que perdesen o seu traballo durante a crise económica provocada pola pandemia.

Notas

Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados no condado de Lubbock, Texas Categoría:Personalidades do protestantismo dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa