FR 1, coñecido tamén como France 1, foi un satélite artificial de Francia lanzado o 6 de decembro de 1965 mediante un foguete Scout X-4 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.
Características A misión de FR 1 foi estudar a ionosfera e a magnetosfera terrestres. Para iso levaba a bordo dous experimentos: un receptor de ondas VLF emitidas desde transmisores en terra e unha sonda para medir a densidade de electróns.
O satélite está formado por dúas pirámides octogonais truncadas unidas pola base por un prisma octogonal, cunha lonxitude máxima de 68,6 cm de esquina a esquina e unha altura de 71,2 cm. A superficie do satélite estaba cuberta de células solares. Da base do satélite estendíase a sonda de electróns, de 48,3 cm de longo, e cara a arriba atopábase a antena para medir o campo magnético, de 71,2 cm de longo. Da base da antena estendíanse, en diagonal e cara a arriba, catro antenas para telemetría, e catro mastros de 198 cm de longo se estendían desde o corpo do satélite para medir o campo eléctrico. FR 1 estalizábase mediante xiro e contralaba a súa actitude mediante un sensor solar e tres magnetómetros de porta de fluxo. Non levaba grabadora de a bordo, polo que as observacións tiñan que facerse en tempo real. FR 1 estivo funcionando ata agosto de 1968.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Scout X-4
Categoría:Satélites artificiais