Antonio Villaverde Hermida, nado en Cerponzóns (Pontevedra) cara a 1906 e finado na Caeira (Poio) o 28 de novembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Veciño de Bueu, onde traballaba como chofer dunha camioneta de transporte de mercancías entre Pontevedra e Bueu ou Cangas de Morrazo. Vogal da secretaría de propaganda das Juventudes Socialistas Unificadas. Foi detido en setembro de 1935 por orde da Subdelegación Marítima de Marín.El Pueblo Gallego, 12-9-1935, p. 14.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba alistado como soldado na 2ª compañía do Batallón de Voluntarios de Pontevedra. O 21 de agosto foi detido logo dun permiso do xefe do batallón. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra o 17 de novembro,El Pueblo Gallego, 18-11-1936, p. 7. foi condenado a pena de morte por un delito de rebelión coa agravante de perversidade debido a “su destacada actuación revolucionaria y de sus antecedentes”. Ademais foi condenado a abonar ao Estado 25.000 pesetas en concepto de responsabilidade civil. Foi fusilado na Caeira ás sete da mañá do 28 de novembro.El Pueblo Gallego, 29-11-1936, p. 9.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas , Xosé (6/4/2020). "Contra o esquecemento: Antonio Villaverde Hermida" Pontevedra nos anos do medo.

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos