Laura M. Lechuga Gómez, nada en Sevilla en 1962, é unha microbióloga investigadora e profesora española. É líder do grupo Networking Biomedical Research Center (CIBER) e directora da División de Nanobiosensores e Bioanalítica do Instituto Catalán de Nanociencia e Nanotecnoloxía (ICN2). Foi Directora do Departamento de Sensores e Biosensores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) de España.
É autora de máis de 200 publicacións científicas e de 8 familias de patentes, das que sete foron transferidas á industria a través das empresas spin-off SENSIA, S.L. e BIOD, S.L. Participou en case 60 proxectos de investigación, maioritariamente internacionais, e é unha activa divulgadora científica.
Durante a pandemia de enfermidade por coronavirus 2019-2020, Lechuga desenvolveu un biosensor óptico simple, de baixo custo e rápido para detectar o COVID-19.
Traxectoria Laura Lechuga interesouse na bioloxía molecular cando estaba na escola secundaria. Finalmente estudou a Licenciatura de Química na Universidade de Cádiz, onde se inspirou para seguir a súa carreira pola vía da investigación.
Lechuga completou a súa investigación doutoral na Universidade Complutense de Madrid. A súa tese doutoral foi III-V semiconductor Schottky diodes for gas sensing and biosensing. Pasou os dous anos posteriores ao doutoramento na Universidade de Twente (Países Baixos) e despois, cando regresou a España en 1995, incorporouse ao Centro Nacional de Microelectrónica do CSIC en Madrid, nomeada para o Instituto de Nanotecnoloxía MESA+.
Investigación e carreira profesional Desde 1995, traballou no Centro Nacional de Microelectrónica do CSIC en Madrid. En 2002 foi nomeada xefa do Departamento de Sensores e Biosensores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
En 2008 uniuse á facultade do Instituto Catalán de Nanociencia e Nanotecnoloxía (ICN2) e é líder do grupo Networking Biomedical Research Center (CIBER). En 2012 foi nomeada profesora adxunta na Universidade de Tromsø (Noruega), tamén coñecida como Universidade do Ártico, e en 2013 profesora visitante distinguida na Facultade de Enxeñaría Eléctrica e Ciencias da Computación da Universidade Estatal de Campinas (Brasil).
Lechuga desenvolve biosensores baseados en silicio que poden ser integrados nunha plataforma "lab-on-a-chip". Desenvolveu diferentes tipos de sensores, incluíndo: biosensores fotónicos, interferómetros Mach-Zehnder, sensores opto-nano-mecánicos e sensores magnetoplasmónicos. Busca aplicar estes sensores en contornas clínicas, para o diagnóstico de cancro e outras enfermidades, así como para a vixilancia do medio ambiente. En 2018 presentou un dispositivo de punto de atención baseado na interferometría para a cuantificación rápida e sensible de Escherichia coli. O dispositivo contiña micromatrices impresas en substratos nanoplasmónicos de alto rendemento, e mesmo podía ser utilizado por persoal non experto.
Durante a pandemia de coronavirus 2019-20, Lechuga desenvolveu un sistema de probas COVID-19 simple, de baixo custo e rápido. A súa proposta xurdiu dun plan de subvencións rápidas que a Comisión Europea estableceu a finais de xaneiro de 2020 nun esforzo por facer fronte á pandemia emerxente. Lechuga desenvolveu a idea en dez días, aproveitando a súa experiencia na construción de biosensores ópticos. A proba baséase nun sensor óptico a nanoescala e inclúe unha proteína receptora (anticorpo) que é capaz de detectar o coronavirus. O sensor en si mesmo consiste nun interferómetro de guía de ondas. Utiliza unha mostra de saliva ou esputo para detectar a presenza do SARS-CoV-2. Se a saliva contén SARS-CoV-2, unirase aos anticorpos e, á súa vez, cambiará a transmisión dun raio de luz que pasa a través do sensor óptico. Unha vez analizada a luz, o resultado transmitirase a un teléfono intelixente ou a unha tableta, nun proceso que dura menos de 30 minutos. Probas de ADN complementarias identificarán o ARN viral sen necesidade de usar unha reacción en cadea da polimerase (PCR).
É unha divulgadora científica moi activa.
Recoñecementos
2014 Elixida membro da Sociedade Óptica Estadounidense. 2016 Premio de Física, Innovación e Tecnoloxía, outorgado pola Real Sociedade Española de Física (RSEF) e o BBVA. 2017 Incluída en AcademiaNet, o portal das mulleres académicas excelentes. 2020 Premio Jume I en Nuevas Tecnologías. 2020 Premio Ada Byron a la Mujer Tecnóloga. 2020 Premio Nacional de investigación "Juan de la Cierva", na área de Transferencia de Tecnoloxía.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Las científicas del coronavirus. Laura Lechuga
Categoría:Alumnos da Universidade de Cádiz Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Químicos de España Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Microbioloxía