The Kissing Booth é un filme estadounidense de 2018 escrito e dirixido por Vince Marcello, baseado na novela homónima de Wattpad escrita por Beth Reekles. Está protagonizado por Joey King, Jacob Elordi, Joel Courtney e Molly Ringwald.
The Kissing Booth estreouse a través de Netflix o 11 de maio de 2018. Malia recibir críticas maioritariamente negativas, especialmente polo seu argumento, temática misóxina, o filme foi considerado como un éxito comercial por Netflix en base ó número de espectadores. Estreouse unha secuela, The Kissing Booth 2, no ano 2020.
Sinopse O filme conta a historia de Elle (King) unha adolescente que ten un romance de instituto cun mozo maior, Noah (Elordi) que é o irmán do seu mellor amigo Lee (Courtney).
Personaxes Joey King como Rochelle "Elle" Evans Joel Courtney como Lee Flynn Jacob Elordi como Noah Flynn Meganne Young como Rachel Stephen Jennings como Mike Evans Carson White como Brad Evans Molly Ringwald como Mrs. Flynn Morné Visser como Mr. Flynn Jessica Sutton como Mia Zandile Madliwa como Gwyneth Bianca Bosch como Olivia
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Suráfrica Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles