O lago Poyang é un lago da provincia de Jiangxi, o maior lago de auga doce da China.People's Daily Online "Spring Fishing Ban on China's Largest Freshwater Lake" O lago está alimentado polos ríos Gan, Xin e Xiu, que o conectan co Yangtzé mediante unha canle.

A superficie do lago Poyang flutúa enormemente entre as estacións seca e húmida, mais nos últimos anos o seu tamaño decreceu totalmente. Nun ano normal a superficie media é de 3500 km2. A principios de 2012, debido á seca, a extracción de area e a almacenaxe de auga no encoro das Tres Gargantas, a superficie do lago chegou a un mínimo de 200 km2. O lago é o hábitat de medio millón de aves migratorias.Detailed Data Lake Poyang-hu . Global Nature Fund.

Durante o inverno, o lago é o fogar de moitas grúas siberianas, das que o 90% pasan alí o inverno.

Medio natural Perda da vida salvaxe Dende 2002 existe unha prohibición da pesca no lugar.

En 2007 expresáronse temores de que o Neophocaena phocaenoides, coñecido localmente como jiangzhu ("porco de río"), nativa do lago ademais doutros lugares como o lago Dongting, podía seguir o camiño do baiji, o golfiño do río Yangtzé, cara á extinción.

A drenaxe de area converteuse nun piar do desenvolvemento da economía local e unha importante fonte de ingresos na rexión circundante do lago. A gran densidade de proxectos de drenaxe foron a principal causa da morte da fauna.Kejia Z. (2007). Poyang Lake saving the finless porpoise . Chinadialogue.net. Consultado o 28 de setembro de 2017 Ademais, espérase que a construción do encoro do lago Poyang, cause efectos devastadores nos focénidos que aínda existen.

Redución Debido ao encoro das Tres Gargantas, o lago Poyang pode diminuír estacionalmente e secar. En 2016, o lago secou case completamente. Ademais do encoro, que almacena auga para que sexa empregada no inverno, culpouse a seca da redución.

O goberno local de Jiangxi propuxo construír o encoro do lago Poyang para manter o nivel de auga no lago, construíndo unha esclusa arredor da conexión entre o lago e o Yangtzé, mais está pendente o estudo de impacto. Os científicos e os grupos ecoloxistas como o World Wide Fund for Nature, criticaron a proposta indicando que a obra afectaría adversamente a diversidade salvaxe.

Historia En 1363, tivo lugar no lago a batalla do lago Poyang, considerada unha das maiores batallas navais da historia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Chinadialogue.net: Saving the finless porpoise Poyang Lake Dam

Categoría:Lagos da China