Arturo Rial Tubío, nado en Noia en 1956, é un expiloto galego de rally. Gañou tres veces o Campionato de Galicia de Rally (en 1989, 1991 e 1993).
Traxectoria Comezou a competir cun Ford Fiesta, co que disputou varias probas do Campionato de Galicia, e logo correu media tempada cun Renault 5 GT Turbo. Pero a marca coa que logrou os seus maiores éxitos foi Citroën, chegando a ser piloto oficial desta.
Cun Citroën AX Sport proclamouse campión galego en 1989, 1991 e 1993, anos nos que tivo como rivais máis importantes a Germán Castrillón e Manuel Senra. Ademais en 1989 gañou o Challenge Citroën do Campionato de España. En 1994 comezou a competir cun Citroën ZX 16V, co que gañou o Rally Botafumeiro de 1994 e co que correu ata 1998, cando pasou a pilotar un Citroën Saxo VTS, ata a súa retirada en 2001.
Durante a súa carreira tivo varios copilotos, entre eles Wenceslao Blanco, Juan Brun, Mario Pazos, Juan Carlos Arias e Luis Fernández.
Palmarés
Resultados no Campionato de Galicia AnoCopilotoVehículo1234567891011PosiciónPuntos1988 Mario PazosCitroën AX SportVIGBOT4NOIRetLACOURCDCRBXFER6CORRet1989 Wenceslao BlancoCitroën AX SportVIG5NOI2LAC3OURCRI9RBXSFR5FER31º1990 Mario PazosCitroën AX SportVIGRetNOIRetLACOURRetBOTRBXRetCRIRetSFR3CORFER1991 Mario PazosCitroën AX SportSIL9NOI2LACOUR13BOT1RBX7CORRetVIG4SFR2RMVRetFER1º1992 Juan Carlos AriasCitroën AX SportALBNOI3LACFERRBXCORRetOURRMV1993 Juan Carlos AriasCitroën AX SportALB2NOI3LAC3FEROUR7SFR8RBX2BOT1COR6RMV41º11271994 Juan Carlos AriasCitroën AX SportALBRetNOIRetFER5OURRetSFRRMV2NAR4RBXLAC1BOT1CORRet1995 Juan Carlos AriasCitroën ZX 16VALBNOILAC3OUR7BOT4NAR3RBXRetSFRRetCORRetFER31996 Juan Carlos AriasCitroën ZX 16VALBNOILACBOTNAR2OURRetLALRBXRetPORFERCOR7
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Arturo Rial en ewrc-results.com .
Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1956 Categoría:Pilotos de rally de Galicia