Maria de Fátima de Bivar [Moreira de Brito] Vello da Costa, nada en Lisboa o 26 de xuño de 1938 e finada na mesma cidade o 23 de maio de 2020,Morreu a escritora Maria Velho da Costa, uma das autoras das Novas Cartas Portuguesas foi unha escritora portuguesa.

Biografía Maria Vello da Costa naceu o 26 de xuño de 1938 en Lisboa, filla natural lexitimada polo conseguinte casamento de seus pais, Afonso Jaime de Bivar Moreira de Brito Vello da Costa e a súa segunda muller Julieta Vaz Monteiro da Asunción.

Licenciouse en Filoloxía Xermánica pola Facultade de Letras da Universidade de Lisboa, foi profesora no ensino secundario de portugués e inglés, e máis tarde funcionaria do Instituto Nacional de Investigação Industrial. Foi presidenta da Associação Portuguesa de Escritores. Ten o Curso de Grupo-Análise da Sociedade Portuguesa de Neurologia e Psiquiatria. Foi membro da Dirección e Presidenta da Associação Portuguesa de Escritores, de 1973 a 1978. Foi leitora do Departamento de Portugués e Brasileiro do King's College - Universidade de Londres, entre 1980 e 1987.

Ten exercido no Estado Portugués funcións de carácter cultural: foi Adxunta do Secretario de Estado da Cultura en 1979 e Agregada Cultural en Cabo Verde de 1988 a 1990. Desempeñou tamén funcións na Comissão Nacional para as Comemorações dos Descobrimentos Portugueses e traballou no Instituto Camões.

Tivo, desde 1975, colaboración regular en argumentos cinematográficos, sobre todo en películas de João César Monteiro, Margarida Gil e Alberto Seixas Santos: Paixão (2012), Veredas (1978) Silvestre (1981) etc.

Consagrada, xa en 1969, coa novela Maina Mendes, tornouse máis coñecida despois da polémica en torno ás Novas Cartas Portuguesas (1972), obra en que se manifesta unha aberta oposición aos valores femininos tradicionais. Esta publicación claramente antifascista e altamente provocadora para o réxime, levou as súas tres autoras ante un tribunal (proceso con grande impacto internacional), tendo o 25 de Abril interrompido as sancións a que estaban suxeitas as denominadas Tres Marias: Maria Velho da Costa, Maria Teresa Horta e Maria Isabel Barreno.

Ás teses de reivindicación feminina xa enunciadas en Novas Cartas Portuguesas, engádese na súa obra un inconformismo e experimentalismo canto aos modelos narrativos. Inconformismo ese que se pode verificar tamén na súa obra de ensaio.

A súa obra está traducida a varias linguas.

Cosou co economista Adérito Sedas Nunes.

Obras publicadas

O Lugar Comum (1966). Livraria Morais Ed. 150 páxs. Maina Mendes (1969). 1993, Ed. en Dom Quixote. ISBN 9789722010757. Novela. Ensino Primário e Ideologia (1972). Empresa de Publicidade Seara Nova, S. A. R. L. Asinado como Maria de Fátima Bivar. Novas Cartas Portuguesas (1972). con Maria Teresa Horta e Maria Isabel Barreno. Ed. de 1998 en Dom Quixote. ISBN 9789722015004. 324 páxs. Novela. Nova ed. en 2010, ISBN 9789722040112, edición anotada, organización de Ana Luísa Amaral. Desescrita (1973). Ed. Afrontamento. 90 páxs. Cravo (1976). 2ª Ed. en 1994, Dom Quixote. ISBN 9789722011518. Novela. Português; Trabalhador; Doente Mental (1977). Empresa de Publicidade Seara Nova, S. A. R. L. Asinado como Maria de Fátima Bivar. 168 páxs. Casas Pardas (1977). Ed. de 1996 en Dom Quixote. ISBN 9789722001656. 444 páxs. Ed. de 2010 en Assírio & Alvim, ISBN 978-972-37-1689-4, 456 páxs. Novela. Da Rosa Fixa (1978). Ed. de 2014 en Assírio & Alvim. ISBN 978-972-37-1795-2. 248 páxs. Poesía. Corpo Verde (1979). Contexto Editora. Deseños de Júlio Pomar. Poesía. Lucialima (1983). Ed. de 1997 en Dom Quixote. ISBN 9789722013949. 352 páxs. Novela. O Mapa Cor de Rosa. Cartas de Londres (1984). Dom Quixote. ISBN 9789722004596. 250 páxs. Epístolas e cartas. Missa in Albis (1988). Dom Quixote. ISBN 9789722004909. Ed. de 2016 en Assírio & Alvim, ISBN 978-972-37-1856-0, 528 páxs. Novela. Das Áfricas (1991). Con José Afonso Furtado. Difusão Cultural, Lisboa. Dores (1994). Con Teresa Dias Coelho. Dom Quixote. ISBN 9789722012027. Relatos. Ed. de 2003, ISBN 9789722023887. 80 páxs. Irene ou o Contrato Social (2000). Dom Quixote. ISBN 9789722017497. 250 páxs. Novela. Madame (Versão de Cena) (2000). Cotovia. ISBN 9789728423766. 96 páxs. Ed.de 2019 en Edições Humus, ISBN 9789897553783. Teatro. O Livro do Meio (2006). Con Armando Silva Carvalho. Caminho. ISBN 9789722118408. 416 páxs. A amizade de dous grandes autores. Myra (2008). Assírio & Alvim. ISBN 978-972-37-1369-5. 224 páxs. Novela. O Amanto do Crato (2012). Assírio & Alvim. ISBN 978-972-37-1647-4. 104 páxs. Novela.

Premios e distincións

Premios

1977: Prémio Cidade de Lisboa. 1983: Prémio D. Dinis. 1989: Prémio P.E.N. Clube Português de Novelística, por Missa In Albis 1994: Grande Prémio de Conto Camilo Castelo Branco 1994: Prémio da Crítica da Associação Portuguesa de Críticos Literários 1997: Prémio Vergílio Ferreira, da Universidade de Évora, polo conxunto da súa obra 2000: Grande Prémio de Romance e Novela APE/DGLB 2000: Grande Prémio de Teatro da APE/Ministério da Cultura por Irene ou o Contrato Social 2002: Prémio Camões 2008: Prémio Correntes de Escritas, por Myra 2009: Prémio P.E.N. Clube Português de Novelística 2010: Prémio Literário Casino da Póvoa 2010: Grande Prémio de Literatura dst, por Myra 2013: Grande Prémio Vida Literária APE/CGD

Condecoracións

Grande-Oficial da Ordem do Infante D. Henrique de Portugal (9 de xuño de 2003) Grande-Oficial da Ordem da Liberdade de Portugal (25 de abril de 2011)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Entrevista en Público en 2013

Categoría:Feministas de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2020