O Castañazo Rock é un festival musical, principalmente de rock galego e en galego, que se celebra en Chantada en datas próximas ao magosto. Historia
A súa primeira edición celebrouse en 1994 baixo o nome de Festa Xoven, aínda que axiña adoptaría o nome que aínda se mantén hoxe. Naquel primeiro concerto participaron Heredeiros da Crus, Skornabois, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Os Papaqueixos, Os Tabernícolas, Os Impresentables e Os Bochechiñas. Ao seu remate as distintas bandas asinaron o Manifesto de Viana.
O festival deixará de celebrarse a partir da súa cuarta edición, no 1997, por causas como o escaso apoio institucional por parte do Concello de Chantada, desde onde se lle chegou a cualificar de "música blasfema".
No 2007 a Asociación Cultural O Castañazo recupera a súa organización co V Castañazo Rock, que a partir do ano 2013 eliminará a numeración romana do nome. Notas
Categoría:Festivais de música en Galicia Categoría:Chantada Categoría:Música de Galicia sen imaxes