Augusto José de Freitas Abelaira, nado en Coímbra o 18 de marzo de 1926 e finado en Lisboa o 4 de xullo de 2003, foi un profesor, novelista, dramaturgo, tradutor e xornalista portugués.
A súa obra foi influenciada pola estética neorrealista que une as novelas histórico-materialistas e as novelas psicolóxicas.
Biografía Orixinario de Ançã, naceu en Coímbra, freguesía da Sé Nova, distrito de Coímbra, en 1926. Mudouse aínda mozo para a cidade do Porto, téndose licenciado en Ciencias Histórico-Filosóficas pola Facultade de Letras da Universidade de Lisboa. Foi profesor universitario mais deixouno para se dedicar ao xornalismo e á literatura.
Participou activamente na loita contra o réxime de Salazar, integrándose en movementos estudantís de oposición, participando activamente na distribución de panfletos. Tras a década de 1930 pasou a utilizar a ironía como a súa principal arma, creando personaxes con aversión á política de esquerda e á hipocrisía, empeñados en causas como o Movemento de Unidade Democrática e a oposición ao Plan Marshall.
Na década dos 40 colaborou no semanario Mundo Literário (1946-1948). Estreouse como autor de novelas no fin da década de 1950 coa novela A cidade das flores (1959), un retrato das perplexidades da mocidade do seu tempo en relación ao totalitarismo de Salazar, desprazando a trama para a Italia a fin de non ser prendido pola PIDE; editada en edición de autor ao rexeitárena as editoras por medo á policía. Cóntase a historia dunha revolta de estudantes na cidade italiana de Florencia, nos anos trinta, aínda que é doado recoñecer a Lisboa e a revolta de estudantes de 1947 na que escritor participara.
Foi colaborador da revista Almanaque (1959-1961), publicación con redacción coordinada por José Cardoso Pires e grafismo de Sebastião Rodrigues, onde colaboraron, entre outros, Luís de Sttau Monteiro, Alexandre O'Neill e João Abel Manta, e colaborou igualmente no Jornal do Caso República (1975) de Raul Rêgo.
Foi detido en 1965 por atribuír, como presidente do xurado, o Grande Prémio da Novelística da Sociedade Portuguesa de Escritores ao angolano José Luandino Vieira (tamén preso no Tarrafal), polo seu libro de contos, Luuanda.
Traballou como tradutor e como xornalista no Diário Popular, no Jornal de Letras e no Século. Entre 1977 e 1978, foi director de programas da RTP e das revistas Seara Nova e Vida Mundial.
O 9 de xuño de 1997, foi agraciado co grao de Comendador da Orde Militar de Sant'Iago da Espada.
Obras
Narrativa
A Cidade das Flores (1959). En 1984: O Jornal, ISBN 0004362060000. En 2004: Editorial Presença, ISBN 9789722332170. Os Desertores (1960). Bertrand Editora. 235 páxs. As Boas Intenções (1963). Livraria Bertrand. 261 páxs. Enseada Amena (1966). En 1997: Editorial Presença, ISBN 9789722321525. Bolor (1968). En 2005: Editorial Presença, ISBN 9789722332989. Ode (quase) Marítima (1968). Con deseños de Maria Keil. Estúdios Cor, Lisboa. 24 páxs. (Monólogo) Quatro Paredes Nuas (1972). Livraria Bertrand, Lisboa. (Relatos) Sem Tecto, Entre Ruínas (1979). En 1982: Livraria Sá da Costa Editora ISBN 0237000134797. «Olfacto», in Poética dos Cinco Sentidos: La Dame à la Licorne (1979). O Triunfo da Morte (1981). Livraria Sá da Costa Editora. ISBN 0237000134793. O Bosque Harmonioso 1(982). En 1996: Editorial Presença, ISBN 9789722324625. O Único Animal que... (1985). En 1996: Editorial Presença, ISBN 9789722324656. Deste Modo ou Daquele 1(990). Diversos. 232 páxs. En 1996: Editorial Presença, ISBN 9789722324649. Outrora, Agora (1997). Editorial Presença. ISBN 9789722320108. Nem Só Mas Também [póstumo] (2004). Editorial Presença. ISBN 9789722331869. «O arquimortes», in Ficções n.º 8, 2003-2004.
Teatro
A Palavra é de Oiro (1961). Livraria Bertrand. 174 páxs. O Nariz de Cleópatra. Peça en três actos. (1962). Livraria Bertrand. Anfitrião, Outra Vez. Peça em duas partes (1980). Moraes. 81 páxs.
Obras traducidas
Romanés: Bunele intentii (As boas intenções) (1992). Tradución de Mirela Stanciulescu, Edinter. Búlgaro: Outrora Agora (1996). Tradución de Iordanka Hascimento, Karin-Mariana Todorova.
Traducións
A Roda da Fortuna (1961). Roger Vaillant. Ulisseia, Lisboa. A Promessa (1962). Gary Kassel. Bertrand. O Tambor (1964). Günter Grass. Estúdios Cor, Lisboa. História do Mundo (1963-1971). Jean Duché, (en co-autoría con Severiano Ferreira). Estúdios Cor, Lisboa. A Segunda Guerra da Indochina (1971). Wilfred G. Burchett. Seara Nova, Lisboa. O Doutor Jivago (1987). Boris Pasternak. Europa-América, Mem Martins. O Declínio da Idade Média (1996). Johan Huizinga. Ulisseia, Lisboa.
Premios
1963: Prémio Ricardo Malheiros, da Academia das Ciências de Lisboa, por As boas intenções. 1966: Prémio de Romance de IV Encontro da Imprensa Cultural 1979: Prémio Cidade de Lisboa, por Sem tecto entre ruínas. 1996: Grande prémio de romance e novela, da Associação Portuguesa de Escritores, por Outrora, agora. 1996: Prémio da Crítica, por Outrora, agora. 1996: Prémio Cidade de Lisboa, por Outrora, agora. 1996: Prémio de Pen Club,por Outrora, agora.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Xornal do Caso República(copia dixital)
Bibliografía
Arêas Vilma (1972). A Cicatriz e o Verbo: análise da obra romanesca de Augusto Abelaira, Casa da Medalha, Río de Xaneiro, 1972. Camilo, João (1983). Augusto Abelaira e Vergílio Ferreira: plenitudes e absolutos adiados, Fundação Calouste Gulbenkian, Lisboa-París. Costa, Maria Adelaide (1996). Os Caminhos de Narciso: uma leitura de Deste Modo e Daquele de Augusto Abelaira, texto policopiado – tese de mestrado, Facultade de Letras da Universidade do Porto, Porto. Machado, Álvaro Manuel (1984). A Novelística Portuguesas Contemporânea, 2º ed. Revista e aumentada, Biblioteca Breve, Lisboa. Seixo, Maria Alzira (1968). “Augusto Abelaira: um tempo de convergência”, in Para um Estudo da Expressão do Tempo no Romance Português Contemporâneo, Imprensa Nacional -Casa da Moeda, Lisboa.
Categoría:Tradutores de Portugal Categoría:Xornalistas de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Finados en 2003 Categoría:Nados en 1926 Categoría:Personalidades sen imaxes