Gordon Willard Allport, nado en Montezuma (Indiana) o 11 de novembro de 1897 e finado en Cambridge (Massachusetts) o 9 de outubro de 1967, foi un psicólogo estadounidense. Allport foi un dos primeiros psicólogos que se centrou no estudo da personalidade, e adoita ser considerado como unha das figuras fundadoras da psicoloxía da personalidade. Contribuíu á formación das escalas de valores e rexeitou tanto a achega psicanalítica á personalidade, que coidaba que era habitualmente demasiado profundamente interprestativa, e a achega condutista, que coidaba que non proporcionaba interpretacións suficientemente fondas a partir dos seus datos. En vez destas achegas populares, desenvolveu unha teoría ecléctica baseada nos atributos. Enfatizou a unicidade de cada individuo, e a importancia do contexto presente, oposto á historia pasada, para entender a personalidade.
Allport tivo unha importancia profunda e duradeira no campo da psicoloxía, mesmo a pesar de que a súa obra é citada moito menos habitualmente que a doutras figuras célebres. Parte da súa influencia procede da súa facilidade para explorar e conceptualizar temas importantes e interesantes (rumores, prexuízos, relixión, atributos). Outra parte da súa influencia provén das impresións profundas e duradeiras que deixou nos seus estudantes durante a súa longa carreira como profesor, moitos deles tamén con importantes carreiras na psicoloxía. Entre o seu alumnado estiveron Jerome S. Bruner, Anthony Greenwald, Stanley Milgram, Leo Postman, Thomas Pettigrew e M. Brewster Smith. O seu irmánr Floyd Henry Allport, foi profesor de psicoloxía social e política na Maxwell School of Citizenship and Public Affairs da Universidade de Syracuse entre 1924 e 1956, e profesor visitante na Universidade de California, Berkeley. Un informe da Review of General Psychology publicado en 2002, situou a Allport como o 11.º psicólogo máis citado do século XX.
Publicacións Studies in expressive movement (con Vernon, P. E.) (1933) Nova York: Macmillan. Attitudes, in A Handbook of Social Psychology, ed. C. Murchison, (1935). Worcester, MA: Clark University Press, 789–844. Personality: A psychological interpretation. (1937) Nova York: Holt, Rinehart, & Winston. The Individual and His Religion: A Psychological Interpretation. Oxford, Inglaterra: Macmillan, 1950. Letters from Jenny. (1965) Nova York: Harcourt Brace Jovanovich. Becoming: Basic Considerations for a Psychology of Personality. (1955). New Haven : Yale University Press. The Nature of Prejudice. (1954; 1979). Reading, MA : Addison-Wesley Pub. Co. The Nature of Personality: Selected Papers. (1950; 1975). Westport, CN : Greenwood Press. The Person in Psychology (1968). Boston: Beacon Press. The Psychologist's Frame of Reference (1940). Classics in the History of Psychology.Classics in the History of Psychology -- Allport (1940) Pattern and Growth in Personality. (1961). Harcourt College Pub. Personality & social encounter. (1960). Boston: Beacon Press. Psychology of Rumor [with Leo Postman] (1947).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Matlin, MW., (1995) Psychology. Texas: Harcourt Brace College Publishers. Ian Nicholson, Inventing Personality: Gordon Allport and the Science of Selfhood, American Psychological Association, 2003, Hocutt, Max (2004). Review - Inventing Personality. Metapsychology Online Reviews Nicholson, I. (2000). "'A coherent datum of perception': Gordon Allport, Floyd Allport and the politics of personality." Journal of the History of the Behavioral Sciences 36: 463-470. Nicholson, I. (1998). Gordon Allport, character, and the 'culture of personality', 1897-1937. History of Psychology, 1, 52-68. Nicholson, I. (1997). Humanistic psychology and intellectual identity: The 'open' system of Gordon Allport. Journal of Humanistic Psychology, 37, 60-78. Nicholson, I. (1997). To "correlate psychology and social ethics": Gordon Allport and the first course in American personality psychology. Journal of Personality, 65, 733-742. On the Nature of Prejudice: Fifty Years After Allport, hrg. von Peter Glick, John Dovidio, Laurie A. Rudman, Blackwell Publishing, 2005, Outros artigos Escala de Allport Ligazóns externas "The functional autonomy of motives" (1937), Classics in the History of Psychology. The Scapegoats (1954), Panarchy Becoming (1955), Panarchy The Open System in Personality Theory (1960), Panarchy
Categoría:Nados en Indiana Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Psicólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Harvard