Dame Julia Mary Walters, CBE, nada en Birmingham o 22 de febreiro de 1950, é unha actriz e novelista británica, dúas veces candidata ao Óscar e seis veces gañadora do premio da BAFTA, en cinema e televisión.Julie Walters Wins Bafta

Traxectoria Primeiros anos Julia Mary Walters naceu no St Chad's Hospital na zona de Edgbaston de Birmingham, filla de Mary Bridget, carteira descendente de irlandeses, e de Thomas Walters, construtor e decorador. Walters asistiu á Holly Lodge Grammar School para rapzas de Smethwick en Holly Lane, aínda que a expulsaron debido ao seu mal comportamento. Preparouse para ser enfermeira no Hospital Queen Elizabeth de Birmingham, despois de traballar dezaoito meses. O seu primeiro mozo marchou a Manchester para estudar socioloxía e, pouco despois Walters decidiu renunciar á súa carreira como enfermeira para converterse en actriz e vivir con el en Manchester, onde estudou na English and Drama at Manchester Polytechnic con bos resultados. Alí tivo de compañeiro o actor Pete Postlethwaite. Nunha entrevista con Alison Oddey, Walters dixo sobre a súa escolaridade:

1978-1999 Walters comezou a facerse famosa como compañeira ocasional da cómica Victoria Wood, que coñeceu en Manchester. Primeiro traballaron no espectáculo de revista In At The Death (1978), á que seguiu a adaptación televisiva de Wood interpretando a Talent. Despois pasaron a aparecer na súa propia serie de televisión para o canal Granada Television, Wood and Walters, en 1982. Durante os seguintes anos volveron traballar xuntas en varias ocasións.

Despois de debutar nos escenarios londinienses con Educating Rita, Walters traballou no circuíto de teatro rexional (incluído o Everyman Theatre de Liverpool), na comedia de situación e no cabaré. O seu primeiro papel de televisón serio foi no clásico Boys from the Blackstuff en 1982, e posteriormente entrou no cinema cunha candidatura ao Óscar, un BAFTA á mellor actriz e un Globo de Ouro pola súa interpretación na adaptación cinematográfica do éxito do West End Educating Rita (1983), onde compartiu protagonismo con Michael Caine. En 1991 protagonizou con Liza Minnelli Stepping Out, que incluía contribucións no guión de Victoria Wood e Alan Bennett.

Dende 2000 Walters gañou numerosos premios e foi nomeada Oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) en 1999 e Comandante da Orde do Imperio Británico (CBE) en 2008 polos seus servizos ao drama. En 2001, gañou un premio Olivier pola súa participación en All My Sons, de Arthur Miller. Walters recibiu a súa segunda candidatura ao Óscar e un novo premio da BAFTA polo seu papel de profesora de ballet en Billy Elliot (2000). En 2002, gañou o premio da BAFTA á mellor actriz de televisión pola súa interpretación da nai de Paul Reiser en My Beautiful Son (2001).

Ademais interpretou a Molly Weasley na serie de filmes sobre Harry Potter, que se converteron nun grande éxito de público.

En 2006, Walters quedou cuarta nunha enquisa de ITV dun total de cincuenta estrelas. Ese mesmo ano interpretou o papel principal na produción para ITV Driving Lessons xunto con Rupert Grint (que interpretou o seu fillo nos filmes de Harry Potter). Despois obtivo o papel protagonista na adaptación da BBC de The Ruby in the Smoke, de Phillip Pullman. No verán de 2006 publicou a súa primeira novela, Maggie's Tree.

En 2008 apareceu na comedia Mamma Mia!, o seu segundo gran papel musical despois de Acorn Antiques. Tamén interpretou a Mary Whitehouse na produción da BBC The Mary Whitehouse Story, inspirada na vida real da coñecida activista británica.

Vida persoal A relación de Walters con Grant Roffey, axente da Automobile Association (AA), comezou de forma turbulenta. A parella tivo unha filla, Maisie Mae Roffey, nada Westminster en 1988, mais non casaron ata 1997, cando marcharon a Nova York. A parella vive nunha granxa orgánica dirixida por Roffey preto Plaistow (West Sussex).

O 4 de agosto de 2008 revelouse que cando era nova, Walters e outras tres rapazas foron secuestradas por un descoñecido que abusou sexualmente delas: «Intentou meternos nunha casa en ruínas, e tocoume [dixo ela]. Foi un signo de asalto sexual». Walters fala detalladamente do que ocorreu na súa autobiografía That's Another Story.

Walters foi diagnosticada con cancro de intestino en fase III en 2018. Tras ser sometida a cirurxía e quimioterapia entrou en remisión. Porén, a súa recuperación supuxo que fose eliminada dalgunhas escenas de The Secret Garden e que non puidese asistir á estrea de Mamma Mia! Here We Go Again.

Filmografía + Ano Título Personaxe Notas 1975 Second City Firsts Terry TV: 1 episodio 1977 The Liver Birds Girl in surgery TV: 1 episodio 1978 Me—I'm Afraid of Virginia Woolf Woman in waiting room Telefilme 1978, 1982 Play for Today Debbie/Valerie TV: 2 episodios 1979 Empire Road Jean Watson TV: 2 episodios Talent Julie Stephens TV 1979–1981 Screenplay Frances/Julie TV: 3 episodios 1980 Nearly a Happy Ending Julie Stephens Telefilme 1981 Wood and WaltersVarios papeis TV Happy Since I Met You Frances Telefilme BBC2 Playhouse Mrs Morgan TV: 1 episodio 1982 Boys from the Blackstuff Angie Todd TV: 1 episodio Objects of Affection June Potter TV: 1 episodio 1983 Educando a Rita Susan "Rita" White 1984 Love and Marriage Bonnie TV: 1 episodio 1985 She'll Be Wearing Pink Pyjamas Fran Dreamchild Dormouse (voz) The Secret Diary of Adrian Mole, Aged 13¾ Pauline Mole TV: 5 episodios Car Trouble Jacqueline Spong 1985–1986 Victoria Wood As Seen on TVVarios papeis TV: 13 episodios 1987 Personal Services Christina Painter Prick Up Your Ears Elsie Orton Theatre Night Lulu TV: 1 episodio 1986–1987 Acorn AntiquesMrs Overall TV: 6 episodios 1988 Talking Heads Lesley TV: 1 episodio: "Her Big Chance" Buster, o roubo do século June Edwards Mack the KnifeMrs Peachum 1989 Victoria WoodVarios papeis TV: 3 episodios 1990 Killing Dad or How to Love Your Mother Judith 1991 Julie Walters and FriendsEla mesma / Varios papeis TV G.B.H.Mrs Murray TV: 7 episodios Stepping Out Vera 1992 Just like a Woman Monica Victoria Wood's All Day BreakfastVarios papeis TV 1985, 1993 Screen Two Mavis/Monica TV: 2 episodios 1993 Screen One: Wide-Eyed and Legless Diana Longden TV: 1 episodio 1994 Bambino Mio Alice Telefilme Sister My Sister Madame Danzard Pat and Margaret Pat Bedford Telefilme Requiem Apache Mrs Capstan Telefilme 1995 Jake's Progress Julie Diadoni TV: 6 episodios 1996 Roald Dahl Little Red Riding Hood Little Red Riding Hood / Grandma Telefilme Intimate Relations Marjorie Beasley Brazen Hussies Maureen Hardcastle Telefilme 1997 Bathtime Miss Gideon Melissa Paula Hepburn TV: 5 episodios 1998 Jack and the Beanstalk Fairy Godmother Telefilme Girls' Night Jackie Simpson Titanic Town Bernie McPhelimy Talking Heads 2 Marjory TV: 1 episodio: "The Outside Dog" 1998–2000 dinnerladies Petula TV: 9 episodios 1999 Oliver TwistMrs Mann TV: 4 episodios 2000 Billy ElliotMrs Wilkinson 2001 Lover's PrayerPrincesa Zasyekin My Beautiful Son Sheila Fitzpatrick TV Harry Potter e a pedra filosofal Molly Weasley 2002 Harry Potter e a Cámara dos Segredos Murder Angela Maurer TV: 4 episodios Before You Go Theresa 2003 Calendar Girls Annie The Return Lizzie Hunt TV The Canterbury Tales: The Wife of Bath Beth TV 2004 Harry Potter e o preso de Azkaban Molly Weasley Mickybo and Me Mickybo's Ma 2005 Wah-Wah Gwen Traherne Ahead of the Class Marie Stubbs TV 2006 Driving Lessons Evie Walton The Ruby in the SmokeMrs Holland TV 2007 Harry Potter e a Orde do Fénix Molly Weasley Becoming JaneMrs Austen 2008 Mamma Mia! Rosie Filth: The Mary Whitehouse Story Mary Whitehouse TV 2009 Harry Potter e o misterio do príncipe Molly Weasley A Short Stay in SwitzerlandDr Anne Turner TV Victoria Wood's Mid Life Christmas Bo Beaumont/Mrs. Overall TV 2010 Mo Mo Mowlam TV Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) Molly Weasley 2011 Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) Gnomeo & JulietMiss MontagueVoz The Jury Emma Watts TV 2012 Brave Witch (voz) Henry IV, Parts I and II, e Henry V Mistress QuicklyTelefilmes Thread of Evidence Betty Beesom 2013 Effie Gray Margaret Cox Ruskin Justin and the Knights of Valour Gran (voz) One Chance Yvonne Potts The Harry Hill Movie Harry's Nan 2014 Paddington Mrs. Bird 2015–2016 Indian Summers Cynthia Coffin TV: 20 episodios 2015 Brooklyn Mrs Kehoe Very British ProblemsEla mesma / Voz TV A Grand Night In: The Story of Aardman Narrator TV 2016 National Treasure Marie Finchley TV 2017 Our Friend VictoriaEla mesma / Varias personaxesSerie documetnal Film Stars Don't Die in Liverpool Bella Turner Paddington 2 Mrs Bird Coastal Railways with Julie WaltersEla mesma / PresentadoraSerie documental 2018 Sherlock GnomesMiss Montague (voz) Mamma Mia! Here We Go Again Rosie Mary Poppins Returns Ellen 2019 Wild Rose Marion 2019–present Heathrow: Britain's Busiest AirportEla mesma / NarradoraSerie documental 2020 The Secret Garden Mrs Medlock

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web de Julie Walters A Conversation with Julie Walters – interactive video interview presented by BFI Screenonline and British Telecom Walters named as CBE

Categoría:Nados en Birmingham Categoría:Nados en 1950 Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Actores de voz de Inglaterra Categoría:Escritores do Reino Unido Categoría:Escritores en lingua inglesa