Game Night é un filme estadounidense de 2018 dirixido por John Francis Daley e Jonathan Goldstein e escrito por Mark Perez. Está protagonizado por Jason Bateman e Rachel McAdams, e conta a historia dun grupo de amigos que participan nunha noite de xogos cun misterio na vida real após un deles é secuestrado. O filme tamén conta coas interpretacións de Billy Magnussen, Sharon Horgan, Lamorne Morris, Kylie Bunbury, Jesse Plemons, Michael C.Hall e Kyle Chandler.
Warner Bros. Pictures estreou o filme o 23 de febreiro de 2018. Foi un éxito comercial e da crítica, recadando máis de 117 millóns de dólares en todo o mundo e recibiu eloxios polo seu humor negro e as interpretacións. Plemons, cuxa interpretación foi salientada por moitos críticos, foi nomeado pola Sociedade de Críticos de Cinema de Detroit ó premios ó mellor actor secundario.
Personaxes Jason Bateman como Max Davis, marido de Annie Rachel McAdams como Annie Davis, muller de Max Billy Magnussen como Ryan Huddle, un dos amigos de Max e Annie Sharon Horgan como Sarah Darcy, compañeira de Ryan Lamorne Morris como Kevin Sterling, marido de Michelle Kylie Bunbury como Michelle Sterling, muller de Kevin Jesse Plemons como Gary Kingsbury, veciño policía de Max e Annie Chelsea Peretti como Glenda Danny Huston como Donald Anderton Michael C. Hall como The Bulgarian Kyle Chandler como Brooks Davis
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jonathan Goldstein e John Francis Daley Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes rodados en Atlanta Categoría:Filmes ambientados en Atlanta Categoría:Filmes de Davis Entertainment