José Angel Fernández Arruti, nado en Pontevedra en 1930 e finado na mesma cidade o 21 de abril de 2022, foi un xurista e catedrático galego.

Traxectoria Fillo máis vello de Josefina Arruti Viaño e de Bibiano Fernández Osorio-Tafall Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela entre 1947 e 1952, ano en que se licenciou, e despois ampliou estudos en Roma cunha tese sobre a Cidade do Vaticano. Foi catedrático de dereito canónico na USC até a súa xubilación no 2002, presidente da confraría da Divina Peregrina de Pontevedra até 2004 e do Liceo Casino pontevedrés entre 1985 e 2006.

Notas

Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Xuristas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes