O Sistema fluvial Ulla - Deza é un espazo natural galego declarado como Zona especial de conservación (ZEC) e que ampara ao río e ribeiras do río Ulla, o treito final do seu afluente o Deza, as ribeiras doutros afluentes menores, e o seu esteiro na ría de Arousa. Este espazo percorre fundamentalmente a raia das provincias da Coruña e Pontevedra. Este espazo está repartido entre os municipios coruñeses de Ames, Boqueixón, Brión, Dodro, Padrón, Rianxo, Teo, Touro e Vedra, e os municipios pontevedreses de Catoira, A Estrada, Pontecesures, Silleda, Valga e Vila de Cruces. A área que protexe é de 1.633 ha. e é principalmente a de ribeiras do Ulla e Deza, sendo só o 16% desta a superficie do esteiro na ría de Arousa.

Destaca pola ictiofauna dos seus ríos, e é ten de feito importantes puntos de pesca tradicional.

Flora e fauna Flora As especies da flora de interese comunitario para a súa conservación deste espazo natural sonEspecies na lista do Anexo II sobre dos animais e vexetais de interese comunitario cuxa conservación é necesaria para designación de zonas especiais de conservación da DIRECTIVA 92/43/CEE do Consello do 21 de maio de 1992 relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestre.: Especie Narcissus cyclamineus

Fauna As especies da fauna de interese comunitario para a súa conservación deste espazo natural son: Grupo Especie Invertebrados Cerambyx cerdo Invertebrados Coenagrion mercuriale Invertebrados Elona quimperiana Invertebrados Euphydryas aurinia Invertebrados Geomalacus maculosus Invertebrados Lucanus cervus Invertebrados Macromia splendens Invertebrados Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera) Invertebrados Oxygastra curtisii' |- | Peixe | Alosa alosa|- | Peixe | Chondrostoma polylepis|- | Peixe | Petromyzon marinus |- | Peixe | Rutilus arcasii|- | Peixe | Salmo salar |- | Anfibio | Chioglossa lusitanica|- | Anfibio | Discoglossus galganoi|- | Réptil | Lacerta schreiberi|- | Mamífero | Galemys pyrenaicus|- | Mamífero | Lutra lutra|- | Mamífero | Myotis bechsteinii|- | Mamífero | Myotis emarginatus|- | Mamífero | Myotis myotis|- | Mamífero | Rhinolophus ferrumequinum|- | Mamífero | Rhinolophus hipposideros''

Lexislación O Sistema fluvial Ulla-Deza foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.

Galería

Notas

Categoría:Zonas especiais de conservación en Galicia Categoría:Ames Categoría:Boqueixón Categoría:Brión Categoría:Catoira Categoría:Dodro Categoría:A Estrada Categoría:Padrón Categoría:Pontecesures Categoría:Rianxo Categoría:Rois Categoría:Silleda Categoría:Teo Categoría:Touro Categoría:Valga Categoría:Vedra Categoría:Vila de Cruces Categoría:Río Ulla