Matías María Escariz Méndez, nado en Buenos Aires o 12 de decembro de 1881 e finado en Cangas de Morrazo o 8 de febreiro de 1945, foi un sacerdote e escritor galego.
Traxectoria Fillo de Francisco Escariz Canosa, natural de Denle (San Vicente de Duio) e María Méndez Gundín, da Catuxa (Santiago de Arteixo), emigrados na Arxentina. Cando Matías ten pouco máis de cinco anos a familia regresou a Galicia, desembarcando no porto de Vigo o 10 de abril de 1887. Marcha a Santiago de Compostela cursar a carreira eclesiástica. Foi diácono en abril de 1906. O 20 de xuño dese ano foi nomeado ecónomo de San Xoán de Bardullas e unidos e en 1914 foi destinado a Santa Cristina de Vea. En febreiro de 1921 foi pasou ás parroquias de San Vicezo e de San Martiño de Duio. En outubro de 1930 foi para Santiago de Compostela como capelán do Asilo das Oblatas. En xuño de 1932 envíano para Betanzos como capelán do Asilo de Ancianos Desamparados García Hermanos. En 1936 foi ecónomo de San Cibrán de Vilastose e en 1940 era capelán das monxas de Meirás, para pasar despois a ser capelán da Comunidad de Hijas de Nuestra Señora de Cangas de Morrazo, onde morreu.El Correo Gallego, 16-2-1945, p. 2.
Publicou 150 poemas, 104 en galego e 46 en castelán, e tres contos breves en galego, que apareceron en Finisterre, El Compostelano, Vida Gallega, Céltiga, Boletín Oficial de la Sociedad Nueva Casa de Galicia, Revista Oficial del Centro Gallego de Avellaneda, Betanzos. Centro Cultural Betanzos. Tamén apareceron colaboracións súas na revista madrileña España Marítima, El Eco del Condado, La Zarpa e La Voz de Galicia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Nos 75 anos da morte de Matías Escariz, poeta fisterrán nacido na emigración «O cerro d'o Pindo», un poema de Matías M. Escariz Méndez na revista Finisterre (1928)
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes