Helena Maria Pereira Gonçalves Marques, coñecida como Helena Marques, nada en Carcavelos (Portugal) o 17 de maio de 1935, é unha xornalista e escritora portuguesa.
Traxectoria Foi de nena para a Madeira de onde seus pais eran orixinarios. Exerceu o xornalismo durante 36 anos, iniciando a súa carreira no Diário de Notícias do Funchal e terminouna no Diário de Notícias de Lisboa (onde residiu desde 1971), no que foi directora adxunta desde 1986 a 1992. Tamén foi redactora doutros diarios, como A Capital, Jornal do Comércio, República e A Luta. Formou parte da Casa da Imprensa e do Sindicato dos Jornalistas.
A súa obra está traducida a alemán, italiano, castelán, grego, romanés e búlgaro.
A obra que a deu a coñecer, O último cais, foi un grande éxito e relata as historias de varias personaxes dalgunhas familias madeirenses, decorre maioritariamente no Funchal durante o século XIX. As súas novelas buscan a identidade da muller portuguesa a través do tempo e do espazo, comezam no século XIX e van até o século XXI.
Obras
O último cais (1992). Dom Quixote. ISBN 9789722010610. 196 páxs. En castelán: El último puerto (2003), El Cobre Ediciones, ISBN 9788496095205, traducido por Pere Comellas Casanova. A Deusa Sentada (1994). Dom Quixote. 213 páxs. ISBN 9789722011983. Terceiras Pessoas (1998). Dom Quixote. 190 páxs. ISBN 9789722014526. Os Íbis Vermelhos da Guiana (2002). Dom Quixote. ISBN 978-9722021036. Ilhas Contadas (2007). Dom Quixote. 142 páxs. ISBN 9789722031691. Son dez historias sobre illas. O Bazar Alemão (2010). Dom Quixote. 224 páxs. ISBN 978-9722041188.
Premios O Último Cais recibiu os premios:
Grande Prémio de Romance e Novela da Associação Portuguesa de Escritores Prémio Revista Ler/Círculo de Leitores Prémio Máxima de Revelação Prémio Procópio de Literatura Prémio Bordallo de Literatura da Casa da Imprensa
En 1986 foi Prémio Jornalista do Ano da revista Mulheres
Notas
Categoría:Xornalistas de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en 1935 Categoría:Nados no distrito de Lisboa