Bingo: O Rei das Manhãs é un filme brasileiro de 2017 dirixido por Daniel Rezende no seu debut como director. O guión foi escrito por Luiz Bolognesi e está inspirado na vida de Arlindo Barreto, un dos moitos actores que interpretaron o papel de Bozo o pallaso no Brasil. Porén, para evitar os dereitos de autor e preservar a súa liberdade creativa, a produción non empregou os nomes de Bozo ou Arlindo, adoptando os nomes ficticios de Bingo e Augusto.

O filme estreouse no Brasil o 24 de agosto de 2017. O 15 de setembro, foi escollido como candidato do Brasil para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Vladimir Brichta como Augusto Mendes/Bingo Leandra Leal como Lúcia Emanuelle Araújo como Gretchen Tainá Müller como Angélica Ana Lúcia Torre como Marta Mendes Augusto Madeira como Vasconcelos Cauã Martins como Gabriel Mendes Pedro Bial como Armando Domingos Montagner como Aparício Soren Hellerup como Peter Olsen

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Brasil propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 90ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes de Warner Bros.