Que Horas Ela Volta? é un filme brasileiro de 2015 escrito e dirixido por Anna Muylaert. O filme está protagonizado por Regina Casé no papel de Val, a serventa dunha familia rica de São Paulo, e amosa as tensións que xorden logo da súa filla Jéssica se mudar á casa da familia co obxectivo de facer un exame de admisión na Universidade de São Paulo.

Foi escollido como candidato do Brasil para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Regina Casé como Val Michel Joelsas como Fabinho Camila Márdila como Jéssica Karine Teles como Barbara Lourenço Mutarelli como José Carlos Helena Albergaria como Edna Luci Pereira como Raimunda

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Brasil propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 88ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes dirixidos por Anna Muylaert Categoría:Filmes rodados en São Paulo