Máis vale tarde (MVT), é un programa televisivo, vespertino e magacín*, producido polos Servizos Informativos de laSexta que se emite de luns a venres en laSexta. Toma o seu nome do refrán «Máis vale tarde que nunca».
Magacín* presentado por Mamen Mendizábal –e Hilario Pino na súa substitución– que conta con varios faladoiros e análises sobre a información diaria con mesa de debate, onde distintos xornalistas debaten os temas relacionados coa xornada. Emítese de luns a venres de 17:25 a 20:00 horas."'Más vale tarde' arrancará el próximo 29 de octubre a las 18:55 horas" .
Historia O programa comezou as súas emisións o 1 de outubro de 2012 como unha edición adiantada de La Sexta Noticias a modo de resumo. Tratábase dunha hora de emisión como abreconcertos de laSexta Noticias 2.
O 29 de outubro de 2012, o programa afianzouse na programación de La Sexta cun novo estudio baixo o nome de Máis vale tarde."Mamen Mendizábal presentará el nuevo programa 'Más vale tarde' en La Sexta" . O 19 de xullo de 2013, o programa finalizou a súa primeira tempada.
Colaboradores
María Claver: Xornalista Euprepio Padula: Experto en política Jesús Maraña: Director editorial de Infolibre Miguel Ángel Aguilar: Xornalista Elisa Beni: Xornalista Ana R. Cañil: Xornalista e escritora Benjamín Prado: Escritor Nacho Escolar: Xornalista e director de Eldiario.es José Luis Roig: Lainformación.com Mayte Alcaraz: ABC Chema Crespo: Director xeral de Público Lucía Méndez: Xornalista de El Mundo Jesús Fonseca: Xornalista Carmen Morodo: Xornalista de La Razón Ángeles Caballero: Xornalista de El Confidencial. Antonio Maestre: Xornalista. Beatriz de Vicente: Avogada e criminóloga Fernando Berlín: Director de Radiocable Jesús Cintora: Xornalista
Audiencias TempadaEpisodiosEstreaFinalAudiencia mediaEspectadoresCota1ª18429 de outubro de 201219 de xullo de 2013446 0004,3%2ª2202 de setembro de 201318 de xullo de 2014583 0005,7%3ª2161 de setembro de 201417 de xullo de 2015773 0007,6%4ª22631 de agosto de 201522 de xullo de 2016750.0007,5%5ª22930 de agosto de 201621 de xullo de 2017776.0007,7%6ª2244 de setembro de 201720 de xullo de 2018903.0008,6%7ª2243 de setembro de 201819 de xullo de 2019 Total -
Premios
Antena de Oro, (2013)
Versións
En Chile a canle Mega fixo unha adaptación do programa titulado igual que o orixinal Máis vale tarde conducido por Álvaro Escobar.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web de Más vale tarde Ficha do programa en FormulaTV
Categoría:Programas informativos de televisión de España Categoría:Programas de televisión de debate de España Categoría:Programas de laSexta