Contratiempo é un filme español de 2016 dirixido por Oriol Paulo. É o segundo filme de suspense dirixido por Paulo, despois de El cuerpo (2012). O filme estreouse en España o 6 de xaneiro de 2017.

Contratiempo tivo unha boa acollida por parte da crítica, e foi un éxito de recadación, conseguindo 30,5 millóns de dólares sobre un orzamento de 4 millóns.

Sinopse Adrián Doria, un mozo e exitoso empresario, esperta no cuarto dun hotel xunto ao cadáver da súa amante. Acusado de asasinato, decide contratar os servizos de Virginia Goodman, a mellor preparadora de testemuñas do país. No transcurso dunha noite, asesora e cliente traballarán para atopar unha dúbida razoable que lle libre do cárcere.

Personaxes Mario Casas como Adrián Doria Bárbara Lennie como Laura Vidal Iñigo Gastesi como Daniel Garrido Ávila Francesc Orella como Félix Leiva Blanca Martínez como Virginia Goodman José Coronado como Tomás Garrido Ana Wagener como Elvira Garrido Manel Dueso como Inspector Milán San Yélamos como Sonia David Selvas como Bruno Paco Tous como condutor

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes rodados en Barcelona Categoría:Filmes sobre infidelidade Categoría:Filmes sobre asasinatos Categoría:Filmes de Nostromo Pictures Categoría:Filmes de Atresmedia Cine