O lago Issyk-Kul, tamén chamado Ysyk Köl (en ; en ) é un lago endorreico de Asia Central, situado no límite nororiental do Tian Shan, ao nordés de Kirguizistán. É o sétimo lago máis profundo do mundo, o décimo con maior volume e o segundo lago salgado tralo mar Caspio. Issyk-Kul significa "lago quente" en kirguiz; aínda que está arrodeado de picos nevados, nunca xea.
Xeografía Ten unha lonxitude de 182 km, e un largo de 60 km, cunha superficie total de 6280 km², que o converten no segundo lago de montaña máis grande do mundo, despois do lago Titicaca. A súa altura media é de 1609 metros sobre o nivel do mar e a súa profundidade máxima é de 702 m. A súa profundidade media é de 278,4 mOcupa unha conca pechada de orixe tectónica. Ten unha capacidade de 1738 km³ de auga.
O lago é levemente salino, e permanece libre de xeo durante o invierno. É alimentado por mananciais e polo desxeo na primavera. A súa beira sur está dominada pola cordilleira o Tian Shan.
Turismo Durante a era soviética, o lago converteuse nun popular destino de vacacións, con numerosos sanatorios e casas de vacacións na beira norte, moitas concentradas na cidade de Cholpon-Ata e os seus arredores. Entrou en decadencia coa disolución da Unión Soviética, mais posteriormente volveron abrirse complexos hoteleiros e casas para alugar.
Historia miniatura|esquerda|150px|Lápida nestoriana con inscricións en uigur atopada en Issyk-Kul, datada en 1312 O lago Issyk-Kul era unha parada da ruta da seda que unía extremo oriente e Europa. O lago foi propiedade da dinastía Qing da China e posteriormente cedido a Rusia xunto que territorio circundante tralo tratado de Tarbagatai. Moitos historiadores cren que o lago foi o punto de orixe da peste negra que asolou Europa e Asia a principios e mediados do século XIV.The Silk Route – Channel 4
Segundo un mapa medieval empregado por mercadores venecianos da ruta da seda, na beira nordeste do lago existía un mosteiro armenio do século XIV.
O nivel do lago é 8 metros máis alto que na Idade Media. En 2007, unha expedición atopou baixo as súas augas restos dunha cidade duns 2500 anos de antigüidade.Remains of ancient civilization discovered on the bottom of a lake (27 de decembro de 2007)
En 1916 o mosteiro de Issyk-Kul foi atacado por rebeldes kirguiz que asasinaro sete monxes.Islam in the Russian Federation and the Post Soviet Republics: a Historical perspective por Spyros Plakoudas, páx. 10
Durante a época soviética, as súas augas, cunha salinidade comparable á do océano, serviron como base secreta de experimentación con torpedos.Kommersant-Vlast, 'Vys Rossiya Armia', 2005
Medio natural A troita de Sevan, un peixe endémico do lago Sevan en Armenia, foi introducida no lago Issyk-Kul durante a década de 1970. Se ben no seu lago de orixe é unha especie en perigo, ten maiores posibilidades de supervivencia no lago Issyk-Kul, onde está a desprazar as especies autóctonas.
O 12 de novembro de 2002, a Reserva Estatal Isyk-Kul foi designada como a primeira zona húmida de importancia internacional de Kirguizistán e foi incluído na listaxe Ramsar (n.º ref. 1231), cunha área de protección de 623 600 ha (anteriormente, o lago fora incluído pola antiga Unión Soviética, co n.º de ref. 109).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas World Lake Database entry for Issyk-Kul Lake The Issyk-Kul Hollowat Natural Heritage Protection Fund Remains of ancient civilization discovered on the bottom of Issyk-Kul Lake Views of lake Issyk-Kul from Abasayyoh Jean Klerkx, Beishen Imanackunov (eds.): "Lake Issyk-Kul: Its Natural Environment". Springer, 2002. . (Searchable text on Google Books)
Categoría:Lagos de Asia