Doctor Sleep (comercializado tamén co título Stephen King's Doctor Sleep) é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Mike Flanagan. Baséase na novela homónima de 2013 escrita por Stephen King, unha secuela doutra novela de King, The Shining. O filme, que tamén é unha secuela directa do filme The Shining, dirixido por Stanley Kubrick, está ambientado varias décadas despois dos eventos da historia orixinal e mestura elementos da novela de 1977 tamén. Doctor Sleep foi escrito, dirixido e editado por Mike Flanagan, e está protagonizado por Ewan McGregor como Danny Torrance, un home con habilidades psíquicas que tenta superar os traumas da súa nenez. Rebecca Ferguson, Kyliegh Curran e Cliff Curtis intepretan os papeis secundarios. No filme, un xa adulto Dan Torrance debe protexer unha rapaza con poderes semellantes dun culto coñecido como "The True Knot", que cazan nenos con habilidades psíquicas para permanecer inmortais.

Warner Bros. Pictures comezou a desenvolver unha adaptación cinematográfica de Doctor Sleep pouco despois de que a novela fose publicada no ano 2013. O produtor e guionista Akiva Goldsman escribiu un guión, mais o estudio non asegurou un orzamente para o filme até o éxito de recadación do filme de terror It, que tamén está baseado nunha novela de King. Flanagan foi contratado para reescribir o guión de Goldsman e para dirixir o filme. Flanagan dixo que o filme tentaría reconciliar as diferenzas entre a novela e o filme de The Shining. A rodaxe comezou en setembro de 2018 en Xeorxia, incluíndo Atlanta e as áreas limítrofes, e rematou en decembro de 2018.

Warner Bros. Pictures lanzou Doctor Sleep en todo o mundo a partir do 31 de outubro de 2019, e nos Estados Unidos o 8 de novembro de 2019. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que louvou as interpretacións e a atmosfera, mais con certas reticencias pola súa duración. Cunha recadación de $72 millóns en todo o mundo, a súa acollida polo público foi considerada decepcionante en comparación co éxito doutras adaptacións de novelas de King como It Chapter Two e Pet Sematary.

Personaxes Ewan McGregor como Danny "Dan" Torrance Roger Dale Floyd como Danny Torrance de neno Rebecca Ferguson como Rose the Hat Kyliegh Curran como Abra Stone Dakota Hickman como Abra Stone de nena Cliff Curtis como Billy Freeman Carl Lumbly como Dick Hallorann Zahn McClarnon como Crow Daddy Emily Alyn Lind como Snakebite Andi Bruce Greenwood como Dr. John Dalton Jocelin Donahue como Lucy Stone Robert Longstreet como Barry the Chunk Carel Struycken como Grandpa Flick Alex Essoe como Wendy Torrance Zackary Momoh como Dave Stone Jacob Tremblay como Bradley Trevor Henry Thomas como o camareiro

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Mike Flanagan Categoría:Filmes de vampiros Categoría:Filmes rodados en Atlanta Categoría:Filmes ambientados en Nova Jersey Categoría:Filmes ambientados en Florida Categoría:Filmes ambientados en Colorado Categoría:Filmes ambientados en 1980 Categoría:Filmes ambientados en 2011 Categoría:Filmes ambientados en 2019 Categoría:Filmes baseados en obras de Stephen King Categoría:Filmes sobre cultos Categoría:Filmes sobre alcoholismo Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América