Testemuña de cargo (en ) é un filme estadounidense de 1957 dirixido e coescrito por Billy Wilder e protagonizado por Tyrone Power, Marlene Dietrich, Charles Laughton e Elsa Lanchester. O filme, con elementos de cinema negro, representa un drama xudicial inglés. Ambientado en Old Bailey (Londres), baséase na obra teatral homónima de Agatha Christie e mostra o xuízo a un home acusado de asasinato. Reciciu seis candidaturas aos premios Óscar.

Foi estreada en galego pola Televisión de Galicia o 5 de xuño de 1993.La Voz de Galicia, 5 de xuño de 1993. Páx. 79

Argumento Sir Wilfrid Robarts (Charles Laughton), un consagrado avogado con mala saúde, acepta como cliente a Leonard Vole (Tyrone Power), a pesar das obxeccións da súa enfermeira privada, Miss Plimsoll (Elsa Lanchester), que di que o doutor o avisou en contra de asumir calquera caso criminal. Vole está acusado de asasinar a Mrs Emily French, unha rica e vella viúva que se namorara del, ata o punto de convertelo no principal beneficiario do seu testamento. Fortes evidencias circunstanciais apuntan a Vole como asasino, mais Sir Wilfrid cre que é inocente.

Personaxes

Tyrone Power como Leonard Vole, o acusado Marlene Dietrich como Christine Vole/Helm, esposa do acusado Charles Laughton como Sir Wilfrid Robarts, avogado de Vole Elsa Lanchester como Miss Plimsoll, enfermeira privada de Sir Wilfrid John Williams como Mr. Brogan-Moore Henry Daniell como Mr. Mayhew Ian Wolfe como H. A. Carter Torin Thatcher como Mr. Myers Norma Varden como Mrs. Emily Jane French Una O'Connor como Janet McKenzie Francis Compton como Mr. Justice Wainwright, xuíz Philip Tonge como Chief Inspector Hearne Ruta Lee como Diana Patrick Aherne como oficial do xulgado Eddie Baker como espectador Marjorie Eaton como Miss O'Brien Franklyn Farnum como vello avogado Bess Flowers como espectador Colin Kenny como xurado Ottola Nesmith como Miss Johnson J. Pat O'Malley como vendedor Jack Raine como doutor de Sir Wilfrid Ben Wright como oficial do xulgado

Notas sobre o elenco Testemuña de cargo foi o último filme que completou Power. Faleceu dun ataque cardíaco mentres estaba a rodar Solomon and Sheba. Na vida real, Elsa Lanchester e Charles Laughton eran matrimonio. Una O'Connor foi o único membro do elenco orixinal de Broadway que repetiu o papel no cinema. Foi tamén o seu último filme antes de retirarse da interpretación.

Notas

Categoría:Filmes de 1957 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Billy Wilder Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes sobre crime‎ Categoría:Filmes xurídicos Categoría:Filmes baseados en obras de Agatha Christie Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes ambientados en 1945 Categoría:Filmes de 1957 con versión en galego