A pandemia por coronavirus de 2020 en San Vicente e as Granadinas é unha expansión do gromo de COVID-19 que se iniciou en Wuhan, China, en 2019. O 11 de marzo de 2020 confirmouse o primeiro caso detectado no país. A data do 8 de novembro de 2020 confirmáronse 76 casos.

Cronoloxía

Marzo O 11 de marzo San Vicente e Granadinas confirmou o seu primeiro caso, unha muller que viaxara desde o Reino Unido a San Vincente a través de Barbados.

O 27 de marzo de 2020, o ministro de Sanidade, o senador Luke Browne, anunciou que o paciente contaxiado por coronavirus dera agora negativo nunha nova proba, deixando o país sen ningún caso de COVID-19. Ata esa data realizáranse 31 probas no país. O 1 de abril confirmouse o segundo caso.

Notas

Categoría:Pandemia por coronavirus de 2020 en San Vicente e as Granadinas