John Broadus Watson, nado en Travelers Rest (Carolina do Sur) o 9 de xaneiro de 1878 e finado en Woodbury (Connecticut) o 25 de setembro de 1958, foi un psicólogo estadounidense que estableceu a escola do condutismo. Watson promoveu un cambio na psicoloxía co discurso Psychology as the Behaviorist Views it, que deu na Universidade de Columbia en 1913. Mediante as súas achegas condutistas, Watson dirixiu investigacións sobre o comportamento animal, cría dos nenos e publicidade. Ademais, dirixiu o controvertido experimento "Little Albert" e o experimento Kerplunk. Watson popularizou o uso da teoría científica co condutismo.Cohn, A. S. (2014). Watson, John B. In L. H. Ganong, & M. J. Coleman (eds.), The social history of the American family: An encyclopedia. Thousand Oaks, CA: Sage Publications. Consultado de http://proxy.rockford.edu:2048/login?url=http://search.credoreference.com/content/entry/sageamrcafam/watson_john_b/0 Foi tamén o editor de Psychological Review de 1910 a 1915. Un estudo de Review of General Psychology publicado en 2002, situou a Watson como o 17.º psicólogo máis citado do século XX.
Traxectoria Watson graduouse na Universidade de Chicago en 1903. A súa disertación Animal Education: An Experimental Study on the Psychical Development of the White Rat, Correlated with the Growth of its Nervous System, foi o primeiro documento científico moderno sobre o comportamento da rata branca. No documento, Watson describía a relación entre a mielinización cerebral e a capacidade de aprendizaxe nas ratas ao longo do seu desenvolvemento biolóxico.
Watson permaneceu na Universidade Johns Hopkins varios anos realizando investigacións sobre a relación entre inputs sensoriais e aprendizaxe e comportamento das aves. Ao ter de deixar a universidade, dedicouse ao ámbito da publicidade,Lafuente, E. e outros (2017). Historia de la Psicología. Madrid: UNED . pasando a traballar como psicólogo para a axencia J. Walter Thompson.
Tralo falecemento da súa esposa en 1935, distanciouse dos círculos sociais e foi vivir á súa granxa de Connecticut, onde pasou os últimos anos da súa vida dedicado aos labores do campo.
Vida privada John B. Watson casou con Mary Ickes, irmá de Harold L. Ickes, mentres estaba na escola de grao. Tiveron dous fillos, tamén chamados John e Mary Ickes Watson. O marido de Mary foi Paul Hartley, e a súa filla é a actriz, activista pola desorde bipolar e fundadora da American Foundation for Suicide Prevention, Mariette Hartley. Mariette atribuíu os seus problemas psicolóxicos a que foi criada coas teorías do seu avó.Hartley, M. & Commire, A. (1990). Breaking the Silence. Nova York: G.P. Putnam's Sons.
A esposa de Watson posteriormente solicitou o divorcio debido ás relacións del coa súa alumna Rosalie Rayner (1898–1935). O asunto estivera nas portadas dos xornais de Baltimore durante o proceso de divorcio. Mary buscou o cuarto de Rayner e atopou cartas de amor que el lle escribira.Hothersall, D. (2004). History of psychology. Boston: McGraw Hill. en outubro de 1920, a Universidade Johns Hopkins pediu a Watson que abandonase o seu posto no claustro a causa desta publicidade.The Washington Times, 2 de xaneiro de 1921
Despois do divorcio, Watson e Rayner casaron en New Jersey en 1920 e permaneceron xuntos ata a morte dela en 1935.Murray, D. J. (1988). A history of western psychology. New Jersey: Prentice Hall. John e Rosalie tiveron dous fillos, William Rayner Watson (1921) e James Broadus Watson (1924), e criáronos segundo os principios condutistas nos que cría John. Como a súa media irmá Mary, ambos os fillos tiveron intentos de suicidio.Smirle, Corinne. (2013). Profile of Rosalie Rayner. In A. Rutherford (Ed.), Psychology's Feminist Voices Multimedia Internet Archive. Consultado de http://www.feministvoices.com/rosalie-rayner/ William suicidouse en 1954.The Social History of the American Family: An Encyclopedia
Notas
Véxase tamén Bibliografía Buckley, Kerry W. Mechanical Man: John Broadus Watson and the Beginnings of Behaviorism. Guilford Press, 1989. Buckley, Kerry W. "Misbehaviorism: The Case of John B. Watson's Dismissal from Johns Hopkins University". En J.T. Todd & E.K. Morris, Modern Perspectives on John B. Watson and Classical Behaviorism. Greenwood Press, 1994. Coon, Deborah J. "'Not a Creature of Reason': The Alleged Impact of Watsonian Behaviorism on Advertising in the 1920s." In J.T. Todd & E.K. Morris, Modern Perspectives on John B. Watson and Classical Behaviorism. Greenwood Press, 1994. Curtis, H. S. (1899/1900). "Automatic Movements of the Larynx". American Journal of Psychology 11, 237-39.
Harris, B. (1984). "'Give me a dozen healthy infants...': John B. Watson's popular advice on childrearing, women, and the family". En M. Lewin (Ed.), "In the shadow of the past: Psychology portrays the sexes" (pp. 126–154). Nova York: Columbia University Press. Mills, John A. Control: A History of Behavioral Psychology. Nova York: New York University Press, 1998.
Todd, James T. "What Psychology Has to Say About John B. Watson: Classical Behaviorism in Psychology Textbooks, 1920-1989." In J.T. Todd & E.K. Morris, Modern Perspectives on John B. Watson and Classical Behaviorism. Greenwood Press, 1994.
Todd, James T., & Morris, Edward K. Modern Perspectives on John B. Watson and Classical Behaviorism. Greenwood Press, 1994.
Watson, John B. (1908). "The Behavior of Noddy and Sooty Terns." "Carnegie Institute Publication," 103, 197-255. Watson, John B. Behavior: An introduction to comparative psychology. Henry Holt, 1914
Watson, John B. Behaviorism (revised edition). University of Chicago Press, 1930. Watson, John B. "John Broadus Watson [Autobiography]." In C. Murchison (Ed.), A History of Psychology in Autobiography (Vol. 3, pp. 271–81). Clark University Press, 1936. Wyczoikowska, A. (1913). "Theoretical and experimental studies in the mechanism of speech." "Psychological Review," 20, 448-58. Ligazóns externas
John B. Watson. His Life in Words and Pictures - Furman University Psychology Department It's All in the Upbringing - A biographical sketch of Watson's life and work on the website of Johns Hopkins University, where he worked from 1908 to 1920.
Categoría:Nados en Carolina do Sur Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1958 Categoría:Psicólogos dos Estados Unidos de América