O lago Urmia (en ; en ; en , en ) é un lago salgado endorreico de Irán,Henry, Roger (2003) Synchronized chronology: Rethinking Middle East Antiquity: A Simple Correction to Egyptian Chronology Resolves the Major Problems in Biblical and Greek Archaeology Algora Publishing, Nova York, páx. 138, E. J. Brill's first encyclopaedia of Islam, 1913–1936, vol. 7, page 1037 citando Estrabón e Ptolomeo. situado entre as provincias de Acerbaixán Occidental e Acerbaixán Oriental. Na súa máxima extensión, era o lago máis grande do próximo oriente e o sexto lago salgado máis extenso da Terra, cunha superficie de aproximadamente 5200 km², unha lonxitude de 140 km e un largo de 55 km.

A finais de 2017, o lago reducírase ao 10 % da súa superficie anterior debido á persistente seca en Irán, pero tamén ás represas dos ríos locais que chegan ao lago e ao bombeo das augas subterráneas nas áreas circundantes.

Descrición miniatura|esquerda|Diminución da superficie do lago Urmia. O lago recibe o nome da cidade de Urmia, nome arameo que quere dicir «cidade da auga». O seu nome en persa era Shishast. A rexión occidental pertenceu ao reino de Armenia e o nome en armenio era Kaputan. No século VIII a rexión en que se atopa foi islamizada e contra 1930 o xa Reza Pahlavi cambioulle o nome a Rezaiyeh (ریاچهٔ رضائیه), mais o nome foi eliminado trala revolución islámica de 1979.

Ten 102 illos que son centros de aves migratorias. Na illa Shahi, a segunda máis grande, sitúase a tumba do khan mongol Hulagu, neto de Xenxis Khan.

O lago perde por evaporación case un metro cada ano. Na auga non hai peixes polo seu alto índice de salinidade; non obstante, o lago Urmia está considerado un dos maiores hábitats naturais de Artemia salina, que serve como fonte de alimentación a numerosas aves migratorias, como os flamengos.

A maior parte do lago é un parque nacional e unha reserva da biosfera da Unesco. O 23 de xuño de 1975, 483 000 hectáreas foron declaradas Sitio Ramsar (n.º ref. 38).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Iranica Encyclopedia: Eckhart Ehlers, "Lake Urmia", 2013 Encyclopedia of Earth: C. Michael Hogan, "Lake Urmia", 2011 Saline Systems; Urmia Salt Lake, Iran Profile at UNESCO Biosphere Reserve Directory Iran's Environmental Ticking Bomb Landsat - Drying of Lake Urmia, Iran, Google Earth Engine Aerial view of Lake Urmia

Categoría:Lagos de Asia