miniatura|300px|Aparello irregular.

En arquitectura e construción o aparello, de aparellar, e este do latín appariculare, de apparare, "preparar", "dispoñer", (tamén orixinariamente denominado opus na arquitectura romana), é a forma, estrutura ou disposición construtiva dun muro.

O aparello dun edificio ou dun muro pode clasificarse segundo o material empregado na súa construción e na disposición das pezas que o compoñen.

O aparellador (hoxe denominado en España arquitecto técnico) é o principal encargado da cantaría dun edificio. É quen traza os planos e quen dirixe a instalación das pezas, ademais de ocuparse de funcións moi diversas que van desde a redacción de informes até labores relacionados coa seguridade e a saúde, a xestión do proceso construtivo, a redacción de proxectos de intervencións menores e o asesoramento técnico.aparellador no Dicionario da RAG,

Aparellos de pedra miniatura|A Muralla de Lugo, construída con laxas de lousa e bloques de granito. As lousas forman o armazón exterior da muralla e os bloques de granito foron empregados sobre todo para reforzar as torres que franqueaban as portas. O núcleo da estrutura é un morteiro fabricado con terra, pedras soltas e cantos, e cementado con auga. miniatura|Pedra dos doce ángulos, no muro dun palacio inca en Cuzco (Perú). miniatura|Aparello regular, Estación Piedra Sola, Uruguai, pódese observar o aparello maior e menor.

Regular, o que consta de pezas escuadradas. Irregular

Dáselle o nome de despeze á descomposición teórica dunha construción nas pezas que o forman, e esta pode ser horizontal, radial, irregular, regular etc. As pedras talladas a escuadra chámanse perpiaños, e a obra realizada con elas denomínase de perpiaño ou de cantaría.

O aparello regular divídese pola dimensión dos perpiaños en: grande mediano pequeno

Para os antigos romanos, a medida era de aproximadamente un metro de altura para as fileiras do aparello grande, de medio para as fileiras do aparello mediano e de dez centímetros para as fileiras do aparello pequeno.

Segundo a disposición dos perpiaños, o aparello recibe diferentes denominacións: Aparello isódomo (o opus isodomon dos romanos), cando todas as fileiras de perpiaños teñen a mesma altura. Aprello pseudoisódomo, cundo non a teñen. Aparello oblicuo, se os perpiaños tenen forma de rombo. Aparello reticulado, se ofrecen o paramento como unha táboa a modo de rede. Aparello de follas de fieito (o opus spicatum dos romanos), se presenta fileiras cuxos perpiaños (ou ladrillos) de encima toman unha posición oblicua respecto aos de abaixo. Aparello almofadado, se as liñas de unión entre os perpiaños aparecen como afundidas, resaltando o paramento de perpiaño na súa parte central. Ao tratarse dunha forma decorativa dos perpiaños, o almofadado préstase a moitas variacións como a de en chafrán (que é a máis corrente), a de en punta de diamante, o almofadado rústico, o vermiculado etc.

Se o aparello é irregular e de pedras pequenas que se van colocando a man, recibe o nome de cachotaría, que é o opus incertum dos romanos, e denomínase recheo (o emplecton dos gregos) cando ofrece o muro un paramento exterior regular, estando por dentro os materiais a granel ou en formigón compacto. A cachotaría recibe diferentes denominacións segundo os materiais utilizados na súa construción: ordinaria, cando é de cal e canto seca, se non ten cal ou cemento concertada, cando se axustan ben as pedras e ofrece unha imaxe agradábel poligonal, é como se se chama o aparello irregular cuxas pedras ofrecen o paramento en forma de polígonos contiguos ciclópeo, se a figura é arredondada ou esquinada, sen que se axusten as superficies dunhas coas outras; porén, este nome adoita reservarse para cando se trata de grandes pedras. careada, cando os elementos da cachoterías son irregulares, pero a cara do muro está máis ou menos achairada.

Na esquina do muro dispóñense perpiaños verticalmente de modo que por un lado se presentan ao longo e, polo outro, ao ancho, o que se denomina aparello de maior e menor. Nos aparellos de ladrillo (o opus lateritium dos romanos) e nos de cachotaría adoitan colocarse para maior solidez fileiras verticais de perpiaño, formando o que se denomina cadeas. Chámase muro escarpado o que toma unha posición oblicua e serve de muro de contención de terrapléns. O chamado aparello toledano, ao contrario, ten encadeados horizontais e verticais de ladrillo e plementos recheos de cachotaría.

Hai unha especie de cachotaría chamada de formigón, a formada por un encaixado onde se poñen pedras miúdas e barro ou cemento. Se só contén barro e escasas pedras chámase tapial. Este ten que apoiarse sobre cimentos ou zócolos de pedra e adoita levar de treito en treito algunhas fileiras de ladrillo.

Aparellos de ladrillo Os ladrillos, xeralmente cerámicos, teñen unhas medidas e un formato determinados e están deseñados especificamente para unirse dunha maneira determinada para formaren un muro; por iso, a lei de disposición dos ladrillos nun muro, estipulando desde as dimensións do muro até os encontros, é especialmente ríxida.

miniatura|180px|Aparello inglés.miniatura|180px|Aparello a panderete.Cos ladrillos postos de canto.miniatura|180px|Aparello aberto. miniatura|180px|Aparello a media hasta.miniatura|180px|Aparello á española.

Algúns tipos de aparello de ladrillo son os seguintes:

Aparello a media hasta: os costados do muro fórmanse con ladrillos que teñen un espesor de medio pé (o chamado en castelán tizón) e é moi utilizado para fachadas de ladrillo visto. Están colocados na mesma dirección que o muro. Aparello a tizóns ou á española: neste caso os tizóns forman os costados do muro e o seu espesor é de 1 pé (a chamada en castelán soga). Moi utilizado en muros que soportan cargas estruturais (portantes). Os ladrillos presentan na fachada unha das súas caras menores. Aparello a soga e tizón: alterna a forma de construír de a soga e a tizón. Aparello inglés: neste caso altérnanse fileiras en sogas e en tizóns, dando un espesor de 1 pé (a soga). Emprégase moito para muros portantes en fachadas de ladrillo visto. Aparello en panderete: é o empregado para a execución de tabiques, o seu espesor é o do grosor da peza e non está preparado para absorber cargas excepto o seu propio peso. Aparello aberto (ou en castelán, palomero): é como o aparello en panderete pero deixando ocos entre as pezas horizontais. Emprégase naqueles tabiques provisionais que deben deixar ventilar a estancia e nun determinado tipo de estruturas de cubertas. Aparellos holandés, belga, ou flamengo: son outros tipos de aparello de ladrillo máis complexos, combinacións dos de soga, tizón, soga e tizón, por fileiras (liñas horizontais de ladrillo) combinadas de modo regular con algúns dos tipos citados; son moi usados a cara vista polo seu bo aspecto.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Paniagua, José Ramón (1990): "Aparejo", en Vocabulario básico de arquitectura. Madrid: Cátedra. ISBN 84-3760-134-7, pp. 46–48.

Outros artigos Cantería Ladrillo

Ligazóns externas Paredes de Tijolo . Joshi, A. & Ryan, D. (20 de xuño de 2013). Bricks: A Light Foundation .

Categoría:Construción Categoría:Elementos arquitectónicos