O Campionato Nacional de Montaña (en , CNM) é a principal competición de carreiras de montaña en Portugal. Está organizada pola Federación Portuguesa de Automobilismo e Karting.

O campionato consiste en diversas probas nas que cada vehículo toma a saída individualmente para efectuar un mesmo percorrido até unha liña de chegada situada a unha altitude superior á da liña de partida. En cada proba xeralmente realízanse 3 subidas, sendo contabilizados os tempos das 2 mellores subidas para determinar a clasificación final.

O CNM divídese en varias categorías e só as categorías C1 (vehículos de produción: Grupo N, Grupo A, Super 2000, Grupo R e GT's ) e C2 (vehículos de competición - Fórmulas e prototipos deportivos de ata 2000 cc) poden ser campións absolutos. Ademais destes, hai categorías C3 (Grupo X), C4 (Super Cars Ralicross), C5 (Vehículos con homologación FIA caducada) e C6 (Clásicos).

A Subida á Falperra puntúa para o Campionato Europeo de Montaña mentres a Rampa da Covilhã ten puntuado para o Europeo e para a Copa Internacional de Montaña da FIA.

Historia A primeira "rampa" (subida) de montaña en Portugal disputouse o 10 de xuño de 1910 coa Rampa da Pimenteira, situada en Alcântara, cun percorrido de 1500 m e que foi gañada por Estevão de Oliveira Fernandes. Desde esa data realizáronse por todo o país diversas probas do mesmo xénero, como a Rampa da Falperra disputada a partir de 1927.

En 1935 o Automóvel Club de Portugal organizou un campionato nacional de subidas que incluía as do Gradil, Santarém, Buçaco, Guimarães e do Cabo da Roca (disputada na estrada entre Colares e Cascais). Tamén ese ano realizouse en Madeira a 1ª proba automobilística organizada na Illa, coa colaboración técnica do ACP, a Rampa dos Barreiros.

En 1973 a Federación Portuguesa de Automobilismo e Karting entregou os títulos de Campión Nacional de Montaña-Turismo de Serie e Turismo Especial, algo que non volveu ocorrer ata o ano 2000, formando parte as subidas nese tempo do Campionato Nacional de Velocidade.

Desde 2014 o Campionato de Nacional de Montaña está composto por 8 probas.

Calendario 2020 A seguinte táboa amosa o calendario programado nun inicio para o 2020. Con todo, a pandemia por coronavirus obrigou a modificalo, adiando as primeiras probas. MesProbaOrganizadorCidade7-8 de marzoSubida da Porca de MurçaCAMIMurça21-22 de marzoSubida PêQuêPê da ArrábidaClube de Motorismo de SetúbalSetúbal4-5 de abrilSubida da PenhaDemo PortoGuimarães8-10 de maioSubida de BoticasDemo PortoBoticas30-31 de maioSubida da Covilhã / Serra da EstrelaCAMICovilhã4-5 de xulloSubida de Santa MartaClube Automóvel da RéguaSanta Marta de Penaguião18-19 de xulloSubida do CaramuloTarga ClubCaramulo26-27 de setembroSubida de BoticasDemo PortoBoticas

Palmarés AnoTurismo de SerieTurismo Especial1973 Bernardo Sá Nogueira Francisco FinoAnoAbsoluto2000 Manuel Ferreira da SilvaAnoCategoría 1Categoría 22001 Manuel Ferreira da Silva António Nogueira2002 Manuel Ferreira da Silva António Barros2003 Manuel Ferreira da Silva António Nogueira2004 Manuel Ferreira da Silva António Nogueira2005 Manuel Ferreira da Silva António Nogueira2006 Manuel Ferreira da Silva António BarrosAnoAbsolutoCategoría 12007 Pedro Salvador António Nogueira2008 Pedro Salvador António Nogueira2009 Pedro Salvador António Nogueira2010 Paulo Ramalho António Nogueira2011 Paulo Ramalho Joaquim Teixeira2012 Pedro Salvador Martine Pereira2013 Tiago Reis António Nogueira2014 Pedro Castañón López António NogueiraAnoAbsoluto2015 João Fonseca2016 Pedro Salvador2017 Rui Ramalho2018 Rui Ramalho2019 João Fonseca

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sítio oficial . www.fpak.pt .

Categoría:Campionatos de montaña Categoría:Deporte en Portugal