Jaʿfar ibn Muḥammad aṣ-Ṣādiq (en ), nado en Medina o 23 de abril de 702 Segundo Gleaves, a maioría das fontes dan 702 como o ano do seu nacemento, mais algúns dan 699 e outros 705. e finado na mesma cidade o 14 de decembro de 765, foi un estudoso e científico musulmán do século VIII coñecido como Imam Ja‘far al-Ṣādiq ou simplemente as-Sadiq (o Veraz). Está considerado Imam e fundador da escola de xurisprudencia Ja'fari by Twelver por xiísmo ismailí e a principal figura nas escolas Hanafi e Maliki da xurisprudencia sunnita. Era descendente do califa Ali e de Fatimah, filla de Mahoma por parte do seu pai, Muhammad al-Baqir, e de Abu Bakr as-Siddiq a través de Muhammad ibn Abu Bakr por parte da súa familia materna, Umm Farwah bint al-Qasim. Muhammad ibn Abi Bakr foi criado por Ali, mais non era fillo del. Ali adoitaba dicir: "Muhammad Ibn Abu Bakr é o meu fillo, mais pola liñaxe de Abu Bakr". Al-Sadiq foi o sexto Imam para os Twelvers, está recoñecido pola maioría do xiísmo como Imam, e é venerado no sunnismo como transmisor de hadiths, e polo tanto prominente ulema, e un místico para o sufismo. A pesar do amplo rango de atribucións en numerosas disciplinas relixiosas, non se conservan escritos producidos por Ja'far.

Al-Sadiq herdou a posición de imán do seu pai na súa trintena. Como imán xiíta, al-Sadiq permaneceu alleo dos conflitos políticos que envolvían a rexión, evitando as moitas peticións de apoio que recibía dos rebeldes. Foi vítima de certo acoso dos califas abásidas e foi finalmente, segundo os musulmáns xiítas, envelenado por orde do califa Al-Mansur. Ademais da súa conexión coas escolas sunnitas de xurisprudencia, foi unha figura significativa na formulación da doutrina xiíta. As tradicións conservadas de al-Sadiq son máis numerosas que todos os hadiths rexistrados de todos os demais imáns combinados. Como fundador da xurisprudencia Ja'fari, al-Sadiq tamén elaborou as doutrinas de Nass (designación inspirada pola divindade de cada imán polo imán previo) e de Ismah (infalibilidade dos imáns), ademais da Taqiyyah.

A cuestión da sucesión despois da morte de al-Sadiq foi causa da división entre o xiísmo que consideraba o seu fillo máis vello, Isma'il (que morrera antes que o seu pai) como o seguinte imán, e os que crían que o seu terceiro fillo Musa al-Kadhim era o imán. O primeiro grupo pasou a ser coñecido como ismailís e o segundo, maior, foi denominado Ja'fari ou Twelvers.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Muhammed Al-Husain Al-Mudaffar, Imam Ja'far al-Sadiq. Sayyid Mahdi as-Sadr, THE AHLUL-BAYT Ethical Role-Models. Mohammad Hussein il Adeeb, The Brief History of the Fourteen Infallibales.

Ligazóns externas

Ja'far ibn Muhammad (Encyclopædia Britannica) Imam al-Sadiq by Shaykh Mohammed al-Husayn al-Muzaffar Tawheed al-Mufadhdhal – as dictated by Imam Ja'far as-Sadiq to Al-Mufadhdhal

Categoría:Nados en Arabia Saudita Categoría:Nados en 702 Categoría:Finados en 765 Categoría:Personalidades do islam de Arabia Saudita Categoría:Asasinados Categoría:Imáns (relixión)