Theano de Crotone (en ), fl. no século VI a.C., é o nome dado a unha (quizais dúas) filósofa pitagórica. Foi denominada alumna, filla ou esposa de Pitágoras, aínda que outros a consideraron esposa de Brontinus. O seu lugar de nacemento e a identidade do seu pai tamén son incertos, levando a algúns autores a suxerir que hai máis dunha persoa da que os seus datos se fusionaron, e refírense a Theano I e Theano II. Algúns fragmentos e cartas sobreviventes que se lle atribúen son de autoría incerta.

Traxectoria Pouco se saba sobre a vida de Teano, e as fontes antigas son confusas. Segundo unha tradición, chegou de Creta e era filla de Pythonax,Porphyry, Life of Pythagoras, 4Suda, Theano θ84 pero outros din que procedía de Crotone e era filla de Brontinus.Diogenes Laërtius, viii. 42-3Suda, Pythagoras π3120 Moitos dixeron que era a esposa de Pitágoras, aínda que outra tradición di que era filla de Brontinus.Suda, Theano θ83 Iámblico, nun intento de resolver a confusión, refire a Deino como a esposa de Brontinus.Iamblichus, On the Pythagorean Life, 132

Os fillos que adoitan adscribirse a Pitágoras e Teano inclúen tres fillas, Damo, Myia e Arignote, e un fillo, Telauges. Na Suda se afirma que os fillos que tivo con Pitágoras foron Telauges, Mnesarkhos, Myia e Arignote.Suda Encyclopedia, th.84

Escritos Os escritos atribuídos a Teano foron Apotegmas pitagóricos, Consello feminino, Sobre a virtude, Sobre a piedade, Sobre Pitágoras, Comentarios filosóficos e Cartas.Ian Michael Plant, (2004), Women writers of ancient Greece and Rome: an anthology, páx. 69. Universidade de Oklahoma Press Ningún deste escritos sobreviviu agás algúsn fragmentos e cartas de autoría incerta. Fixéronse intentos para asignar estes fragmentos á orixinal Teano (Teano I) e a unha Teano posterior (Teano II),Mary Ellen Waithe, A History of Women Philosophers. Volume 1, 600 BC-500 AD. Springer mais é probable que todos sexan pseudónimos ficticios de escritores posteriores,Voula Lambropoulou, Some Pythagorean female virtues, in Richard Hawley, Barbara Levick, (1995), Women in antiquity: new assessments, páx. 133. Routledge que intentaron aplicar a filosofía pitagórica á vida das mulleres. o fragmento supervivente de Sobre a piedade refírese a unha analoxía pitagórica entre os números e os obxectos; as varias cartas que se conservan tratan de asuntos domésticos: como debería unha muller criar os seus fillos, como debería tratar os serventes e como debería comportarse co seu marido.

Teano dixo a Hipodamo de Thurium (talvez Hipodamo de Mileto, que segundo Aristóteles planeou a cidade de Thurium no 440 a.C.), que o tratado Sobre a virtude contén a doutrina da proporción áurea.Mary Ritter Beard, (1931), On understanding women, p. 139. See also: Mary Ritter Beard (1946), Woman as force in history: a study in traditions and realities, páx. 314.

Segundo Thesleff, Stobaeus e Heeren, Teano escribiu en Sobre a piedade:

Notas

Véxase tamén Bibliografía Kai Brodersen, Christoph M. Wieland, (2010), Theano: Briefe einer antiken Philosophin. Greek/German. Reclams Universal-Bibliothek 18787, Stuttgart. Ligazóns externas "Theano", Biographies of Women Mathematicians, Agnes Scott College

Categoría:Presocráticos Categoría:Nados no século -VI Categoría:Finados no século -VI Categoría:Personalidades de Crotone na Antigüidade