Ronald Ellwin Evans Jr., nado en St. Francis (Kansas) o 10 de novembro de 1933 e finado o 6 de abril de 1990 en Scottsdale (Arizona), foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión Apollo 17. Pasou un total de 12,58 días no espazo.

Traxectoria Evans graduouse en enxeñería eléctrica pola Universidade de Kansas en 1956, e era máster en enxeñería aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1964.

Evans foi un dos 19 astronautas seleccionados pola NASA en 1966, cando esta llo notificou estaba de servizo no Pacífico, a bordo do portaaeronaves USS Ticonderoga. Evans formou parte das tripulacións de apoio das misións Apollo 7 e Apollo 11 e foi reserva do piloto do módulo de mando para o Apollo 14. Finalmento voou como piloto do módulo de mando na misión Apollo 17, que engalou o 6 de decembro de 1972 e rematou o 19 de decembro. Posteriormente foi piloto de reserva para a misión ASTP.

Evans retirouse da NASA en marzo de 1977 para traballar como executivo na industria do carbón. Faleceu o 7 de abril de 1990.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Apollo 7 Apollo 14 Apollo 17 ASTP

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Kansas Categoría:Finados en 1990