Reinhold Ewald, nado en Mönchengladbach, Alemaña, o 18 de decembro de 1956, é un astronauta alemán retirado que formou parte das misións Soiuz TM-24 Soiuz TM-25. Pasou un total de 19,69 días no espazo.

Traxectoria Ewald graduouse en Física pola Universidade de Colonia en 1977, e é máster en física experimental 1983. Doutorouse en Física en 1986 e ten un grao menor en fisioloxía humana.

Ewald traballou como investigador na Universidade de Colonia de 1983 a 1987. En 1987 pasou a formar parte do Centro Aeroespacial Alemán, participando en varios proxectos. En 1990 uniuse ao corpo nacional de astronautas de Alemaña, sendo substituto da misión Mir '92. Formou parte do equipo de apoio da misión Spacelab-D2, durante a STS-55, en 1993. Formou parte das misións Soiuz TM-25, na que viaxou á Estación Espacial Mir, e Soiuz TM-24, na que volveu da mesma. Uniuse ao corpo europeo de astronautas en febreiro de 1999. Finalmente retirouse da ESA en setembro de 2018.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TM-24 Soiuz TM-25

Categoría:Astronautas de Alemaña Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Renania do Norte-Westfalia Categoría:Alumnos da Universidade de Colonia