Costanza de Arles ou da Provenza, nada en 986 e finada en Melun en 1032, foi infanta da Provenza e raíña consorte de Francia (1003 - 1031).

Traxectoria

Orixes familiares Filla do conde Guillerme I da Provenza e da súa muller Adelaida de Anjou.

Matrimonios e descendentes Casou con Roberto II de Francia en 1003 e converteuse na súa terceira esposa. Desta unión naceron:

Advisa de Auxerre (1003 - 1063, condesa de Auxerre e casada en 1015 con Reinaldo I de Nevers. Hugo II de Francia (1007 - 1026), rei de Francia. Henrique I de Francia (1008 - 1060), rei de Francia. Roberto I de Borgoña (1011 - 1076), duque de Borgoña e conde de Auxerre. Eudes de Francia (1013 -?), Enfermo mental. Adela de Francia (1009 - 1079), prometida en 1027 a Ricardo III de Normandía e casada en 1028 con Balduíno IV de Flandres. Costanza de Francia.

Terceiro matrimonio de Roberto II Costanza de Arles converteuse na terceira esposa do rei francés despois de que este repudiase as dúas anteriores. En canto á primeira, Susana de Italia, fora un enlace preparado polo pai de Roberto, Hugo Capeto, con fins políticos. A segunda, Berta de Borgoña, converteuse no grande amor do rei, pero dous feitos fixeron que a repudiase: a excomuñón que lle fixo a Santa Sé por mor do alto grao de parentesco entre os dous esposos e pola esterilidade de Berta, que xa era maior cando casou con Roberto II.

Costanza de Arles non foi ben acollida na corte francesa debido ás súas intrigas e crueldades; así, fixo varias acusacións de herexía contra diversos nobres da Corte.

Á morte do rei Roberto II, Costanza tentou en van facer rei ao seu fillo Roberto I de Borgoña ao trono en detrimento de Henrique I. Finalmente obtivo para o seu amado fillo o ducado de Borgoña.

Costanza de Arles morreu en Melun o 25 de xullo de 1032, un ano despois do seu marido, e foi enterrada na catedral de Saint-Denis.

Notas

Categoría:Reis de Francia Categoría:Nados en 986 Categoría:Finados en 1032