Hva vil folk si é un filme de 2017 dirixido e escrito por Iram Haq. É unha coprodución internacional entre Noruega, Alemaña, Suecia e a India. As escenas do filme ambientadas en Paquistán foron rodadas na India, principalmente en Rajasthan.

O filme estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 9 de setembro de 2017. Foi escollido como candidato de Noruega para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 91ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Abbatescianni, Davide. (5 de setembro de 2018). What Will People Say to represent Norway at the Oscars. Cineuropa. Consultado o 7 de setembro de 2018

Sinopse Nisha é unha rapaza de dezaseis anos de orixe paquistaní que vive unha dobre vida cos seus pais en Oslo. Xoga ao baloncesto cos seus amigos noruegueses, vai a festas, bebe e ten un mozo, Daniel. Na casa compórtase como unha dócil filla coa súa tradicional familia musulmá. Unha noite, Mirza, o pai de Nisha, descóbrea con Daniel no seu cuarto e golpéaos. Os veciños oen os berros e chaman á policía, o que fai que Nisha acabe nos servizos sociais, onde se bota a culpa da situación. Mirza acepta que Nisha volva á casa a condición de que case con Daniel, asumindo que mantiveron relacións sexuais. Nisha protesta, dicindo que non ocorreu e reacciona violentamente. Temendo pola reputación da familia, Mirza leva á forza a Nisha a Paquistán e déixaa na casa da súa irmá.

Personaxes Maria Mozhdah como Nisha Adil Hussain como Mirza Ekavali Khanna como irmá Najma Rohit Suresh Saraf como Amir Ali Arfan como Asif Sheeba Chaddha como Tía Jannat Zubair Rahmani como Salima Lalit Parimoo como tío

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Noruega propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 91ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua urdú Categoría:Filmes en lingua norueguesa Categoría:Filmes de Noruega Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes sobre inmigración Categoría:Filmes sobre relixión Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes ambientados en Asia Categoría:Filmes ambientados en Noruega Categoría:Filmes rodados na India Categoría:Filmes en lingua norueguesa Categoría:Filmes en lingua urdú Categoría:Filmes rodados en Noruega