Capharnaüm (en ) é un filme libanés de 2018 dirixido por Nadine Labaki e producido por Khlaed Mouzanar. O guión foi escrito por Labaki, Jihad Hojaily e Michelle Keserwany a partir dunha historia de Labaki, Hojaily, Keserwany, Georges Khabbaz e Khaled Mouzanar. Está protagonizado polo refuxiado sirio e actor infantil Zain Al Rafeea, no papel de Zain El Hajj, un neno de doce ano que vive nos suburbios de Beirut. O filme ten unha narrativa en formato flashback que se centra na vida de Zain e o seu encontro coa inmigrante etíope Rahil e o seu bebé Yonas, así como o seu intento de demandar ós seus pais por neglixencia infantil.
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2018, onde foi escollido para competir pola Palma de Ouro, e gañou o Premio do Xurado. O filme recibiu unha ovación de 15 minutos despois da súa estrea en Cannes o 17 de maio de 2018. Sony Pictures Classics, que anteriormente distrubuíra o filme de Labaki W halla' la wayn, mantivo os dereitos de distribución en América do Norte e Latinoamérica, mentres que Wild Bunch obtivo os dereitos internacionais. A súa estrea nos cinemas realizouse o 20 de setembro de 2018.
O filme conseguiu a aclamación da crítica, en particular á dirección de Labaki, á interpretación de Al Rafeea e ó "realismo de estilo documental". Nunha recensión de The New York Times, escrita por Manohla Dargis e A. O. Scott, foi considerado un dos mellores filmes de 2018. Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 91ª edición dos premios.
Capharnaüm é o filme árabe e de Oriente Medio con maior recadación da historia, logo de conseguir 68 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 4 millóns. Tivo un especial éxito na China, onde se converteu no éxito sorpresa con máis de 54 millóns de dólares.
Sinopse Zain, un neno de 12 anos dos barrios marxinais de Beirut cumpre unha condena de cinco anos de prisión por apuñalar un home. Nin Zain nin os seus pais saben a súa data exacta de nacemento porque nunca recibiron un certificado oficial de nacemento. Zain é levado ante un tribunal, despois de decidir emprender accións civís contra os seus pais, Souad e Selim. Cando o xuíz lle pregunta por que quere demandar os seus pais, Zain respóndelle "porque nacín", expresando que son os principais responsables da súa dura infancia e da súa vida conflitiva e caótica.
Personaxes miniatura|Directora e actores no Festival de Cannes (2018) Zain Al Rafeea como Zain El Hajj Yordanos Shiferaw como Rahil (tamén coñecida como Tigest) Boluwatife Treasure Bankole como Yonas Kawthar Al Haddad como Souad Fadi Kamel Youssef como Selim Nour el Husseini como Assad Alaa Chouchnieh como Aspro Cedra Izam como Sahar Nadine Labaki como Nadine Joseph Jimbazian como Mr. Harout (tamén coñecido como Cockroach Man) Farah Hasno como Maysoun
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Líbano propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 91ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes do Líbano Categoría:Filmes sobre refuxiados Categoría:Filmes ambientados no Líbano