O século XV a. C. comezou o 1 de xaneiro do ano 1500 a. C. e terminou o 31 de decembro de 1401 a. C.

Acontecementos

ca. 1500 a. C.: Estímase o fundación da cultura Olmeca, considerada a cultura nai de Cem Ānáhuac. ca. 1500 a. C.: esplendor da civilización exea. ca. 1500 a. C.: en Afganistán e Paquistán, varios séculos despois do declive da Civilización do val do Indo, os poetas das Linguas indoarias compoñen o Rig-veda (o texto máis antigo da India), que tomará a súa forma actual cara ó 1100 a. C. ca. 1500 a. C.: en Afganistán ou en Paquistán líbrase a batalla dos Dez Reis, mencionada no Rig-veda. 1500 a. C.: na Península Ibérica fúndase El Argar. Relacións atlánticas: tesouros.Páx. 144 de La España de Altamira, "Historia de España 1", Historia 16, Temas de hoy, 1995, ISBN 84-7679-275-1 (obra completa). 1504 - 1492 a. C.: Exipto conquista Nubia e o Levante. 1497 a. C.: Cránao, lendario rei de Atenas, é deposto despois dun reinado de dez anos polo seu xenro Anfictión de Tesalia, fillo de Deucalión e Pirra. H. 1492 a. C. (pode ser de 1493 a. C.): morre Thutmose I (XVIII dinastía exipcia). 1492 a. C. (3 de abril): sucede o 37 saros lunar. 1473 a. C.: en Exipto, comeza o mandato da faraona Maatkara-Hatshepsut (ata 1458 a. C.). 1457 a. C. (9 de maio): en Megiddo, as forzas do faraón exipcio Thutmose III derrotan a unha coalición Canaanita liderada polo rei de Qadesh, na batalla de Megido. É a primeira batalla que se rexistrou con detalles considerados fiables. (Tamén puido ocorrer en 1479 a. C.) 1450 a. C.: o volcán da illa Santorini entra en erupción no mar Mediterráneo. Barre a illa de Creta. 1450 a. C.: nos montes Ciminos (a uns 60 km ao noroeste da actual Roma) , un terremoto de X graos (do I ao XII) na Escala Mercalli "traga" unha aldea etrusca, e aumenta o tamaño de Lago Vico. Descoñécese o número de mortes. En Exipto reina Amenofis II. 1420 a. C.: Creta é conquistada por Micenas. comeza o período micénico. 1410 a. C.: no mar Mediterráneo, a illa de Creta é arrasada pola erupción do volcán da illa Santorini. 1408 a. C.: en Exipto, probable comezo do reinado do faraón Amenofis II. 1400 a. C.: en Creta, o Palacio de Minos é destruído por un incendio. 1400 a. C.: os asirios vólvense moi poderosos ao expulsar aos hurritas. 1400 a. C.: en Hattusa, "sobre a moderna cidade de Bogazkoy (Turquía), constúese a Porta do León. 1400 a. C.: na China amplíase a dinastía Shang. Tebas, capital de Exipto convértese na cidade máis grande do mundo, superando a cidade de Menfis.

Persoas relevantes Thutmose III, faraón da XVIII dinastía exipcia (1503 - 1426 a. C.). Thutmose II, faraón exipcio (h. 1493 - h. 1479 a. C.) Amenofis II, faraón exipcio (1427 - 1401 a. C.). Shuttarna I, rei mitani. Telepinu, rei hitita. Hatshepsut, raíña exipcia.

Referencias

Ligazóns externas

Categoría: século -XV