Mean Girls é un filme estadounidense de 2004 dirixido por Mark Waters e escrito por Tina Fey. O filme, que está protagonizado por Lindsay Lohan, Rachel McAdams, Tim Meadows, Ana Gasteyer, Amy Poehler e Fey, está parcialmente baseado na novela de 2002 de Rosalind Wiseman, Queen Bees and Wannabes. Fey tamén se baseou nas súas propias experiencias como inspiración para algúns dos conceptos que se amosan no filme. O filme conta con Amanda Seyfried no seu primeiro papel nunha longametraxe.
Foi producido por Lorne Michaels, creador de Saturday Night Live; Tina Fey, que foi a guionista e tamén actúa no filme, era unha colaboradora adoita en SNL. Malia estar ambientado en Evanston, Illinois (un suburbio de Chicago), foi rodado principalmente en Toronto, no Canadá. Foi a segunda colaboración de Lohan co director Waters, sendo a primeira Freaky Friday, estreado o ano anterior.
Personaxes Lindsay Lohan como Cady Heron Jessie Wright como Cady con cinco anos Rachel McAdams como Regina George Lacey Chabert como Gretchen Wieners Amanda Seyfried como Karen Smith Lizzy Caplan como Janis Ian Daniel Franzese como Damian Leigh Jonathan Bennett como Aaron Samuels Rajiv Surendra como Kevin Gnapoor Tina Fey como Ms. Sharon Norbury Tim Meadows como director Ron Duvall. Amy Poehler como June George Ana Gasteyer como Betsy Heron Neil Flynn como Chip Heron Daniel DeSanto como Jason Diego Klattenhoff como Shane Oman Alisha Morrison como Lea Edwards Julia Chantrey como Amber D'Alessio Dwayne Hill como adestrador Carr Jonathan Malen como mozo de Kristen Hadley
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Mark Waters Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Filmes de comedia adolescente dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Nova Jersey Categoría:Filmes sobre bullying Categoría:Filmes ambientados en 2003 Categoría:Filmes ambientados en 2004 Categoría:Filmes ambientados en Illinois