miniatura|250px|O Trofeo Jari Kurri no Museo finlandés do hóckey sobre xeo (Tampere). O Trofeo Jari Kurri (en finés Jari Kurri -palkinto) é un galardón individual entregado anualmente pola máxima competición de hóckey sobre xeo de Finlandia, a SM-liiga. O premio foi outorgado por primeira vez na tempada 1993-94 e recoñece o mellor xogador durante os play-offs. O gañador é elixido pola Jääkiekon SM-liiga Oy. É similar ao Trofeo Lasse Oksanen, entregado pola liga cada ano ao mellor xogador da liga regular, e ao Kultainen kypärä (en galego casco dourado) entregado pola Asociación de Xogadores ao mellor xogador da SM-liiga. Recibe o seu nome en honor do ex xogador de Jokerit e varios equipos da National Hockey League (NHL) Jari Kurri.
Nome
Como ocorre con outros trofeos individuais da SM-liiga, o Trofeo Jari Kurri recibe o seu nome en honor a unha personalidade destacada da historia do hóckey sobre xeo finés. Este trofeo foi nomeado en honor ao ex xogador Jari Kurri, quen comezou a súa carreira como xogador no Jokerit de Helsinqui na SM-liiga, e posteriormente competiu na National Hockey League (NHL) vestindo a camisola de Edmonton Oilers, Los Angeles Kings, New York Rangers, Mighty Ducks of Anaheim e Colorado Avalanche. Kurri foi ademais internacional coa selección finesa e é considerado o mellor xogador finés da historia, sendo membro do Hockey Hall of Fame dende 2001 e dos Suomen Jääkiekkoleijonat (introducido co número 113), e foi considerado como un dos 100 Mellores Xogadores da NHL.
Historia O Trofeo Jari Kurri entregouse por primeira vez na tempada 1993-94, e o primeiro xogador en conquistar o trofeo foi Ari Sulander, do Jokerit de Helsinqui, que se proclamou campión finés ese mesmo ano por terceira vez na súa historia. Tan só Niklas Bäckström gañou o trofeo en máis dunha ocasión, conseguíndoo dúas veces de xeito consecutivo xogando no Kärpät de Oulu en 2004 e 2005. En 2001 Jussi Tarvainen converteuse no único xogador que gañou o trofeo sen pertencer ao equipo que se proclamou campión finés.
En 1997 Otakar Janecký converteuse no primeiro xogador non nado en Finlandia en recibir o trofeo, e tiveron que pasar nove tempadas ata que na tempada 2005-06 outro xogador non nado en Finlandia, Miika Wiikman, nado en Suecia e con dobre nacionalidade sueca e finesa, recibise o trofeo.
En 2007 o trofeo foi entregado por primeira vez na súa historia logo do partido decisivo da final. Na tempada 2008-09 produciuse un feito estraño, xa que foi a primeira e única vez ata o momento na que dous xogadores recibiron o recoñecemento, xogando ademais ambos na mesma posición e no mesmo equipo, porteiros do JYP Jyväskylä, que se proclamou campión esa tempada por primeira vez na súa historia.
O trofeo non foi entregado por primeira vez na súa historia debido a que na tempada 2019-20 non se disputaron os play-offs pola suspensión da Liga por mor da pandemia por coronavirus.
Gañadores miniatura|Ari Sulander foi o primeiro xogador en gañar o galardón na tempada 1993-94. miniatura|O xogador checo Otakar Janecký foi o primeiro xogador nado fóra de Finlandia en conseguir o Trofeo Jari Kurri. Un total de 27 xogadores diferentes recibiron o Trofeo Jari Kurri dende que este se introduciu na tempada 1993-94:
TempadaEquipoXogadorNacionalidade 1993-1994 Jokerit Ari Sulander 1994-995 TPS Saku Koivu 1995-1996 Jokerit Petri Varis 1996-1997 Jokerit Otakar Janecký 1997-1998 HIFK Olli Jokinen 1998-1999 TPS Miikka Kiprusoff 1999-2000 TPS Tomi Kallio 2000-2001 Tappara Jussi Tarvainen 2001-2002 Jokerit Kari Lehtonen 2002-2003 Tappara Esa Pirnes 2003-2004 Kärpät Niklas Bäckström 2004-2005 Kärpät Niklas Bäckström (2) 2005-2006 HPK Miika Wiikman / 2006-2007 Kärpät Janne Pesonen 2007-2008 Kärpät Tuomas Tarkki 2008-2009 JYP Pekka Tuokkola e Sinuhe Wallinheimo 2009-2010 TPS Ilari Filppula 2010-2011 HIFK Toni Söderholm 2011-2012 JYP Jani Tuppurainen 2012-2013 Ässät Antti Raanta 2013-2014 Kärpät Juhamatti Aaltonen 2014-2015 Kärpät Joonas Donskoi 2015-2016 Tappara Patrik Laine 2016-2017 Tappara Jukka Peltola 2017-2018 Kärpät Julius Junttila 2018-2019 HPK Otto Paajanen 2019-2020Non entregado 2020-2021 Lukko Eetu Koivistoinen 2021-2022 Tappara Joona Luoto 2022-2023TapparaVeli-Matti Savinainen2023-2024TapparaChristian Heljanko2024-2025KalPaJuuso Mäenpää
Galardóns por equipo Kärpät é o equipo cuxos xogadores gañaron máis veces o trofeo, cun total de seis xogadores distintos galardoados para un total de sete trofeos para o equipo de Oulu. Xogadores doutros sete equipos gañaron o Trofeo Jari Kurri:
EquipoNº de xogadoresTotal trofeos Kärpät 6 7 Jokerit 4 4 TPS 4 4 Tappara 7 7 JYP 3 3 HIFK 2 2 HPK 2 2 Ässät 1 1 Lukko 1 1 KalPa 1 1
Notas
Referencias
Véxase tamén Outros artigos Trofeo Lasse Oksanen Trofeos da SM-liiga
Ligazóns externas Sitio web da Liiga
Categoría:Trofeos da SM-liiga