José Araújo Pérez, nado en Vigo en 1903 e finado na mesma cidade o 21 de outubro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

Fillo do canteiro e construtor socialista José Araújo Pérez. Perito industrial e aparellador. Logo da morte do seu pai en 1929, encargouse da dirección da construtora.El Pueblo Gallego, 5-9-1929, p. 2. Militante das JSU. Foi candidato do PSOE por Pontevedra ás eleccións de novembro de 1933, pero non resultou elixido. Pertenceu ao Comité Revolucionario de Vigo durante a revolución de outubro de 1934.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por rebelión militar o 13 de outubro,El Pueblo Gallego, 12-10-1936, p. 3. foi condenado a pena de morte. Foi executado en Vigo con Delmiro Faro Pregal, Teodoro Barros Barros, Antero González González e José Barcia Barcia, ás 16:30 horas do 21 de outubro de 1936, nas inmediacións do Castelo do Castro,El Pueblo Gallego, 22-10-1936, p. 3. rexistrándose a morte a causa de profusa hemorraxia interna. En xullo de 1940 abríronlle expediente por responsabilidades políticas.El Pueblo Gallego, 4-6-1940, p. 6.

Vida persoal

Casou con María del Pilar Alonso Villiato en decembro de 1930.El Pueblo Gallego, 23-12-1930, p. 4.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía "A Familia Araújo" Do gris ao violeta. Concello de Pontevedra (CC BY 3.0).

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos