Elaine Iva May (de solteira Berlin), nada en Filadelfia o 21 de abril de 1932, é unha guionista, directora de cinema, actriz e cómica estadounidense. Logrou o recoñecemento na década de 1950 polas súas rutinas de comedia improvisada con Mike Nichols e máis adiante emprendeu unha carreira como directora e guionista.
Traxectoria Despois de estudar actuación coa recoñecida actriz e profesora de teatro Maria Ouspensakaya nos Ánxeles, mudouse a Chicago en 1955 e converteuse en membro fundadora de Compass Players, un grupo de teatro improvisado. May comezou a traballar con Mike Nichols, que tamén formaba parte do grupo, e xuntos comezaron a escribir e interpretar os seus propios sketches de comedia, que foron enormemente populares. En 1957 ambos abandonaron o grupo para formar o seu propio grupo escénico, Nichols and May, na cidade de Nova York.
Actuaban en escenarios en que se esgotaban todas as entradas, ademais de facer aparicións na televisión e na radio. Nos seus espectáculos de comedia creaban escenas satíricas e tipos de personaxes que se burlaban da nova orde intelectual, cultural e social que estaba a emerxer nese momento. Este feito foi fundamental para eliminar o estereotipo de que as mulleres non podían ter éxito na comedia en vivo. Xuntos convertéronse nunha inspiracións para moitos cómicos máis novos, incluídos Lily Tomlin e Steve Martin. Logo de catro anos, na cima da súa fama, decidiron deixar de actuar. May converteuse en guionista e dramaturga, ademais de actuar e dirixir. O seu relativamente breve tempo xuntos como estrelas da comedia levou o presentador do programa de entrevistas de Nova York, Dick Cavett, a referirse ao seu espectáculo coma "un dos meteoritos cómicos no ceo". Gerald Nachman sinalou que "Nichols e May son quizais os máis estrañados entre todos os comediantes satíricos da súa época".
O seu traballo como guionista foi candidato en dúas ocasións ao Óscar, por Heaven Can Wait (1978) e Primary Colors (1998). May foi eloxiada pola serie de filmes que dirixiu na década de 1970, a comedia negra de 1971 A New Leaf, en que tamén actuou, a comedia romántica de 1972 The Heartbreak Kid. A carreira de May sufriu entón un importante revés. Tralas dúas comedias, pasou a escribir e dirixir un drama criminal titulado Mikey and Nicky, protagonizado por Peter Falk e John Cassavetes. Cun orzamento de 1,8 millóns de dólares e programadao para ser estreado no verán de 1975, o filme custou 4,3 millóns e non se estreou ata decembro de 1976. Finalmente foi despedida por Paramount Pictures (estudio que financiou o filme), mais conseguiu que volvesen contratala agachando dous rolos de negativos ata que o estudio a readmitiu. O fracaso comercial do filme danou a súa carreira en Hollywood e non volveu dirixir durante unha década.
Foi Warren Beatty quen decidiu darlle outra oportunidade. Colaboraron en Ishtar (1987), protagonizado por Beatty e Dustin Hoffman. Rodado en Marrocos, a produción estivo chea de diferenzas creativas entre os directivos e os custos excedéronse. Moito antes de que o filme estivese listo para ser estreado, a problemática produción foi obxectos de numerosas historias na prensa. A publicidade previa foi tremendamente negativa e, a pesar dalgunhas críticas positivas en Los Angeles Times e The Washington Post, o filme foi un fracaso crítico. May non dirixiu outro filme ata 29 anos despois, en 2016, cando dirixiu o documental para televisión Mike Nichols: American Masters."Elaine May’s ‘American Masters’ Documentary on Mike Nichols", The Film Stage, 1 de febreiro de 2016
En 1996 reuniuse novamente con Mike Nichols para escribir o guión de Unha gaiola de grilos, fita dirixida por Nichols.
Vida persoal May casou aos dezaseis anos con Marvin May, enxeñeiro e inventor de xoguetes. Tiveron unha filla, a actriz e guionista Jeannie Berlin, nada en 1949. A parella divorciouse en 1960, e en 1962 casou co letrista Sheldon Harnick. Divorciáronse o ano seguinte e en 1964, May casou co seu psicanalista, David L. Rubinfine; o matrimonio durou ata a morte del en 1982.
May foi parella do director Stanley Donen entre 1999 e a morte del en 2019. Donen dixo que lle pediu matrimonio "arredor de 172 veces".
Filmografía Ano Título Crédito(s) Personaxe Notas1958 DuPont Show of the MonthActrizCandy CarterEpisodio: "The Red Mill"1967 Enter LaughingActrizAngela Marlowe1967 LuvActrizEllen Manville1967 O graduadoActrizSorority girl with note for BenjaminSen acreditar1967 Bach to BachActriz, guionistaWomanCurtametraxe1971 A New LeafActriz, guionista, directoraHenrietta Lowell1971 Such Good FriendsguionistaCo pseudónimo de Esther Dale1972 The Heartbreak KidDirectora1976 Mikey and NickyGuionista, directora, actrizWoman on TV (voz)Sen acreditar como actriz1978 Heaven Can WaitCoguionista1978 California SuiteActrizMillie Michaels1981 RedsCoguionistaSen acreditar1982 TootsieCoguionistaSen acreditar1986 Dentro do labirintoCoguionistaSen acreditar1987 IshtarGuionista, directora1990 In the SpiritActrizMarianne Flan1994 WolfActrizOperator (voz)Sen acreditar1995 Dangerous MindsCoguionistaSen acreditar1996 Unha gaiola de grilosGuionista1998 Primary ColorsGuionista2000 Small Time CrooksActrizMay2016 Mike Nichols: American MastersDirectoraDocumental para televisión2016 Crisis in Six ScenesActrizKay6 episodios
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Stephens, Chuck. "Chronicle of a Disappearance: Unjustly Omitted from Most Histories of Seventies American Filmmaking, Actor-writer-director Elaine May--and the Four Unforgettable Films She Somehow Got Away With--refuse to Fade Away." Film Comment 42.2 (2006): 46. Web. Ligazóns externas Elaine May, vídeo subido a YouTube por Universal Music Group
Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Nados en 1932 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Óscar honorífico