Manuel García Amoedo, nado en Vilaboa, foi un canteiro e político galego.

Traxectoria Canteiro. Socialista, era membro da sociedade agraria de Vilaboa. Tocaba o fliscorno na banda de Paredes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte da Costa con Emilio Conde Conde. Buscado pola garda cívica, a familia construíulle un tobo na corte da casa onde estivo agochado até o remate da Guerra civil. Coa publicación do bando do gobernador civil Manuel Gómez Cantos para que os fuxidos que non tivesen as mans manchadas de sangue se presentase para regular a súa situación, presentouse xunto con Antonio Vidal Vilas agochado en Paredes. Durante unha época tivo que presentarse cada quince días ante a Garda Civil. Finalmente, en outubro de 1940, foi detido en Marín xunto a Manuel Mata del Río, Juan Cal Conde, José Cerqueiro Regueira e Manuel Pérez Curra.El Pueblo Gallego, 17-10-1940, p. 6. Xulgado en Pontevedra, foi condenado a prisión. Cumpriu a condena na prisión de Pontevedra, de onde saíu en liberdade condicional en maio de 1941.BOE, 6-6-1941, p. 2082. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 10-1-1941, p. 164.BOE, 4-5-1942, p. 2146.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Vilaboa Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes