Sitta von Reden, nada en 1962 en Hannover, na Baixa Saxonia, é unha historiadora alemá especialista na Antigüidade, profesora de Historia Antiga na Universidade Albert-Ludwig de Friburgo. As súas investigacións céntranse na economía e a circulación monetaria na Antigüidade, e na historia social e cultural do mundo grecorromano."CV: Sitta von Reden". Seminar für Alte Geschichte. Universidade Albert-Ludwig.
Traxectoria Von Reden estudou Economía e Historia na Universidade Albert-Ludwig, na que se graduou en 1987, e a continuación cursou estudos de Filoloxía Clásica e de Historia na Universidade Libre de Berlín e na Univarsidade de Cambridge. Nesta última acadou o seu doutoramento en Historia Antiga en 1993, cunha tese que foi premiada pola Fundación Helénica de Oxford.
Logo de varios anos de ensino e investigación en diferentes institucións universitarias británicas, von Reden acadou en 2005 a habilitación na Universidade de Augsburgo, co traballo Monetization in 3rd -century BC Egypt, e a partir de aí impartiu clases de Historia Antiga nese mesmo centro, na Universidade de Münster e na Universidade de Múnic. Entre 2013 e 2014 colaborou tamén co Instituto de Estudos Avanzados de Princeton."ERC Advanced Grant for Sitta von Reden". Albert-Ludwigs-Universität Freiburg.
Sitta von Reden foi profesora de Historia Antiga da Universidade Albert-Ludwig de Friburgo desde o 1 de abril de 2010, cun foco especial na historia da Antiga Grecia, e actualmente ocupa a cátedra desa materia."Sitta von Reden". Seminar für Alte Geschichte. Universidade Albert-Ludwig.
A súa publicación Money in Classical Antiquity, de 2010, foi considerada como "unha introdución admirable a algúns dos temas principais nos debates actuais sobre o uso do diñeiro no mundo clásico".Bangm O. B. (2014). "S. von Reden, Money in Classical Antiquity [...]". En The Journal of Roman Studies. Vol. 104. Páxina 292.
En marzo de 2017, Reden foi merecedora dun fondo avanzado do Consello Europeo de Investigación (ERC) para o desenvolvemento do seu proxecto Beyond the Silk Road, dotado con dous millóns e medio de euros.
Publicacións
(1995): Exchange in Ancient Greece. Londres. Duckworth. ISBN 978-0715626009 (1998): Kosmos: Essays in Order, Conflict and Community in Classical Athens (con P. Cartledge e P. Millett). Cambridge University Press. ISBN 978-0521570817 (2002): The Ancient Economy (con W. Scheidel). Routledge. ISBN 978-0415941891 (2007): Money in Ptolemaic Egypt: From the Macedonian Conquest to the End of the Third Century BC. Cambridge University Press. ISBN 978-0521852647 (2010): Money in Classical Antiquity. Cambridge University Press. ISBN 978-0521453370 (2015): Antike Wirtschaft. Berlín. De Gruyter Oldenbourg . ISBN 978-3486597004 (2015): Stiftungen Zwischen Politik Und Wirtschaft: Geschichte Und Gegenwart Im Dialog. Berlín. De Gruyter Oldenbourg. ISBN 978-3110399752 (2015): Wasser: Alltagsbedarf, Ingenieurskunst und Repräsentation zwischen Antike und Neuzeit (con Wieland, C.). V&R Academic. ISBN 978-3525317181 (2015): Archeologia Classica. Vol. LXVI (con Wieland, C.). L'Erma di Bretschneider. ISBN 978-8891309235 (2016): Money and Prices in the Papyri, Ptolemaic Period. Oxford Handbooks Online. (2017): Economie et inegalite: ressources, échanges et pouvoir dans l'Antiquite Classique. Fondation Hardt. ISBN 978-2600007634 (2919): Handbook of Ancient Afro-Eurasian Economies. Volume 1: Contexts. Berlín. De Gruyter Oldenbourg. ISBN 978-3110604511
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Sitta von Reden no sitio web da Universidade de Friburgo
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Hannover Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Historiadores de Alemaña Categoría:Historiadores de Historia Antiga Categoría:Alumnos da Universidade Albert Ludwig de Friburgo Categoría:Alumnos da Universidade Libre de Berlín Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Profesores da Universidade Albert Ludwig de Friburgo Categoría:Profesores da Universidade de Augsburgo Categoría:Profesores da Universidade de Münster Categoría:Profesores da Universidade de Múnic