Marie-Bernadette Charrier é unha saxofonista francesa.
Traxectoria Realizou os seus estudos musicais nos Conservatorios Nacionais da Rexión de Nantes, con Jean-Pierre Magnan, e Bordeos, con Jean-Marie Londeix. É profesora especializada en música contemporánea no Conservatorio de Bordeos. En 1993 creou unha clase de interpretación deste tipo de música para todos os instrumentos. Á parte de ser docente en Bordeos, participa en diferentes máster-class e concertos por todo o mundo, ademais de pertencer ao Ensemble Próxima Centauri, grupo de música contemporánea do que ela é directora artística.
Dedicáronlle ao redor de cen obras orixinais para saxofón e gravou 10 discos.
O consello que lle da aos saxofonistas é: "que sexan esixentes. A arte non soporta a mediocridade. Isto significa que hai que traballar seriamente e moito. Non unicamente o saxofón, senón interesarse por todas as artes. Canta máis cultura ten o artista, de referencias diversas, máis libre será de elixilas".
Notas
Categoría:Nados en Francia Categoría:Saxofonistas de Francia Categoría:Nados en ano descoñecido