Lorena Freijeiro Alonso, nada en Vigo en xuño de 1983, é unha intérprete e docente de gaita galega. É a primeira muller licenciada en gaita galega, a idade de 24 anos, no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Biografía Empezou a tocar a gaita con sete anos de idade, influenciada maiormente polo seu avó gaiteiro. Aos nove anos de idade matriculouse en gaita no Conservatorio de Música de Vigo, onde contou con Carlos Núñez como profesor de gaita, co que máis adiante, compartiría escenario tocando no seu grupo de música tradicional The Chieftains. Á parte de con Carlos Núñez, foi alumna de profesores como Xosé Luís Miguelez, Xosé Manuel Budiño e Patrick Molard.

Dende que rematou a carreira de gaita aos 24 anos impartiu clase en conservatorios de música como o Conservatorio da Guarda e o Conservatorio de Ponteareas e en Escolas de Banda de Gaitas como a da Provincia de Pontevedra. Tamén, foi profesora de música en educación primaria e apareceu de xurado, en concursos de gaita, no programa de televisión Luar da Televisión de Galicia.

Na parte de interpretación destacan os seus numerosos concertos en Ortigueira, Francia, República Checa, Nova York…

Notas

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1983 Categoría:Gaiteiros de Galicia Categoría:Personalidades da música e o baile tradicional de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes