Rodrigo Beruete Alejandre,Nalgunhas fontes o primeiro apelido aparece como Berruete coñecido como Gitano, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1902 e finado no mesmo concello o 16 de febreiro de 1937, foi un sindicalista e guerrilleiro galego.

Traxectoria Xornaleiro. Pertencía á Federación Local da CNT de Vilagarcía de Arousa. Foi procesado na Audiencia provincial por atentado con Juan Caamaño Tobío en xullo de 1933, acusados de agresión a un axente de vixilancia cando entraron no café American bar de Vilagracía o 24 de xullo de 1932.El Pueblo Gallego, 7-7-1933, p. 10.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte e organizou un grupo guerrilleiro no monte Xiabre con outros fuxidos: Ángel Buceta Loroño, Ramón Rodríguez Carregal, Francisco Baamonde García, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras, e Serafín Brea Otero, ao que se foron incorporando Urbano Tarrío Montero, Manuel Limeres Ordóñez, Juan Gil Quintela, Antonio Basilio Sayanes González, Pilar Fernández Seijo e Manuel Díaz Hermo. Foi reclamado en agosto polo xuíz militar de Vilagarcía mediante requisitoria xunto con Félix Fernández Prieto, acusados de secuestro.El Pueblo Gallego, 23-8-1936, p. 9. Perseguidos pola Garda Civil, o exército, os carabineiros e as milicias de Falanxe e a Garda Cívica de Vilagarcía, o 13 de febreiro de 1937 cercan a casa de Pilar Fernández en Trabanca Badiña onde estaban refuxiados, pero lograron fuxir. Na persecución morreu Manuel Díaz Hermo e Ángel Buceta entregouse ao día seguinte. O 16 de febreiro foron cercados nunha casa de Loenzo, os franquistas prendéronlle lume ao edificio e morreron carbonizados Rodrigo Beruete, Pilar Fernández, Manuel Limeres e Antonio Sayanes. Os cadáveres foron trasladados ao cemiterio de Vilagarcía e soterrados nunha fosa común sen nome.A ciencia ao rescate da memoria dos 18 asasinados na foxa de Vilagarcía Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Cuatro rayos de luz en Loenzo Contra o esquecemento: Ángel Buceta Loroño e Francisco Baamonde García.

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos